Cánchester e Tal dispútaranse as semifinais do Campionato de Barrios de Esteiro
10:03 27/07/16
Xa queda menos para ese 15 de agosto, para esa gran final do XXXIX Campionato de Barrios de Esteiro, o torneo con máis “solera” do verán. E xa temos 3 dos 4 semifinalistas cando aínda queda a última xornada da fase regular. Abelleira e Independiente manteñen o pulso por rematar primeiros, mentres Ciclóns do Maio xa ten asegurada a súa praza.
Falta o cuarto equipo que estará en semis, e que se xogará nun partidazo esta fin de semana entre Cánchester de Creo e o Tal. Finalmente nesta última xornada tamén se van dilucidar os emparellamentos de semifinais determinados polo resultado que acade o Independiente no seu partido contra o Praias de Raimundes. Un ano máis o equipo do Praias vai conseguir a "cuchara de pau" que é trofeo que se lle outorga ao último clasificado no campionato.
No tocante aos premios individuais todo parece indicar que van ser os xogadores do Independiente quen acade os dous. Mitri o trofeo ao máximo goleador e MJ ao porteiro menos goleado.
Novas relacionadas
- 2016: Abelleira e Independiente pelexan polo liderado do 39º Campionato de Barrios de Esteiro.
- 2014: O Independiente, campión do Campionato de Barrios de Esteiro 2014.
- 2014: O Cánchester cambia a cuchara de madeira polo liderato do Campionato de Barrios de Esteiro.
- 2013: O Campionato de Barrios de Esteiro, unha competición singular.
- 2012: Un Ciclón arrasou no Campionato de Barrios de Esteiro.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).