mércores. 30.04.2025
El tiempo

Carallo con Carballo: Duelo en OK Carral

Carallo con Carballo: Duelo en OK Carral
  • Despois de que a pasada semana Verdillo acollera o partidazo na Liga da Costa, esta vez lle toca a Sofán presumir de cartel de Primeira co gallo da visita do Soneira; a Preferente está na lontananza
Sofan-Soneira no Carral-Foto-Diego Lado Un Sofán-Soneira no Carral do ano pasado-Foto-Diego Lado Dúas parroquias tan pequenas (e próximas entre si) como Verdillo e Sofán son capaces en sete días de capitalizar o foco futbolístico de toda a Costa da Morte. Se a pasada semana As Pedreiras se vestía de gala para recibir a un Fisterra imparable e coroar ao San Lorenzo coma gran alternativa, esta vez é a loita polo ascenso a Preferente o protagonista. Como se do feito do Oeste americano se tratase (con Wyat Earp de por medio), O Carral se convertirá nun duelo a morte, un combate a peito descuberto nun tapete natural e entre dous conxuntos que se coñecen á perfección. Para os locais será unha reválida para saber se a palabra Preferente pasa de potencialidade a realidade, mentres que os vimianceses teñen a opción de dar un golpe na mesa e atoparse de novo a si mesmos. Para elo, deberán lidiar con tres importantes baixas: a do meta Anxo, o lateral Pichi e o dianteiro Javi, que nunha protesta viu o quinto cartón a pasada semana. A orde táctica e a seriedade defensiva de ambos non apunta, sen embargo, a un choque aburrido. Doldán nun lado e Basti noutro están de flor, e teñen recursos de sobra ó redor para pensar nunha performance brillante. O resto da xornada de Primeira Autonómica é plenamente caseira para Outes, Baio, Corme e Malpica, sen ningún compromiso especialmente difícil. Iso si, na Pedra Queimada debe haber tres puntos si ou si para os de Ambrosio Oróns. Non menos decisiva é a semana nunha Liga da Costa máis aberta que nunca, con Carballo tamén coma un dos pobos de moda. O San Lorenzo viaxa a San Pedro de Castriz para medir as opcións que aínda lle quedan aos combeses. É unha das saídas más difíciles que lle garda o calendario. Tamén é trampa a visita do líder Sporting Zas a San Paio de Refoxos, ou a do Ponteceso no campo do colista Cabana, tanto polo momento deste como pola condición de derbi. Máis asequibles se intúen o derbi Fisterra-Ameixenda ou o Carnota-Mazaricos, aínda que nos dous casos o factor de coñecemento condiciona moito o pronóstico. O Buño, que precisamente ven de gañarlle ao Mazaricos, buscará a segunda machada en Vimianzo co Baíñas. Haberá descanso para o líder Corcubión na Terceira Autonómica, onde o Laxe é favorito ao recibir ao Castrelo, e con O Rodeiro de Camelle como punto de máximo interese, coa chegada dun Louro que ven de desperidiciar unha grande oportunidade. Na Preferente Autonómica pinta máis favorable ao Dumbría, que recibe a un imprevisible Puebla. É durísima a visita-derbi do Xallas a Val do Dubra, ao campo do segundo clasificado e unha das sorpresas da liga. E en Ligas Gallegas tocan rivais de media tabla para os Dumbrías: o filial do Victoria en xuvenís e o Val Miñor nos cadetes.  

Preferente Norte, xornada 26

 

Primeira Autonómica, xornada 24

Segunda Autonómica, xornada 24

Terceira Autonómica, xornada 21

 

Xuvenil - Liga Galega, xornada 24

Victoria27/02 - 16:15Dumbría

Cadete - División de Honra, xornada 24

Dumbría27/02 - 16:15Val Miñor
 

Liguilla de Ascenso Xuvenil, xornada 6

 

Liguilla Copeira Xuvenil, xornada 5

 

Primeira Cadete, xornada 22

Primeira Infantil, xornada 22

 

AlevínCosta Sur F8, xornada 20

BenxamínCosta Sur F8, xornada 20

 

Veteranos, 1ª División, xornada 21

Veteranos, 2ª División, xornada 21

 

Comentarios