Martes. 17.09.2019
El tiempo

Carlos Lema e Guille, Premio á Acción Máis Deportiva na Gala do Fútbol da Costa - QPC

Carlos Lema e Guille, Premio á Acción Máis Deportiva na Gala do Fútbol da Costa - QPC
Carlos Lema presi da UD Corcubión, e Guille porteiro do Nantón Carlos Lema presi da UD Corcubión, e Guille porteiro do Nantón Xa descubrimos que unha das grandes novidades desta V Gala do Fútbol da Costa QPC, que se celebrará o vindeiro venres 22 de xuño en Santa Comba, será a presencia do Fútbol Feminino. Pero unha das citas ás que xa non pode faltar o equipo de QPC é á posta en valor do “fair play”. E por iso, levamos anos facendo entrega do Premo á Acción Máis Deportiva da temporada. Un momento de solidariedade que demostra que o fútbol é moito máis que un deporte. Falaramos cos dous protagonistas aló por xaneiro, cando nos contaron como foi aquel angustioso suceso acontecido no campo das Fontiñas. O meta do Nantón, Guille, batía co seu poste e sufría unha aparatosa caída, facéndose moito dano nas costas. Aparecíu pronto o presidente do Corcubión, Carlos Lema, médico de profesión, que atendeu ao “ferido”, tranquilizouno e ocupouse del dentro de fóra do campo. O Nantón recoñecía horas despois a boa disposición do presi corcubionés, quedando afortunadamente todo nun susto. Pero neses momentos de incerteza, unha voz profesional, e sobre todo amable, sobre todo se vén do bando contrario, é tremendamente importante. Por iso, tanto Guille como Carlos Lema subirán o vindeiro venres 22 de xuño a recoller o Premio á Acción Máis Deportiva do curso na Gala QPC.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/guille-e-carlos-lema-candidatos-o-premio-a-accion-deportiva-de-qpc/

Máis novas

https://quepasanacosta.gal/o-futbol-feminino-a-gran-novidade-da-v-gala-do-futbol-da-costa-qpc/ https://quepasanacosta.gal/santa-comba-acollera-a-v-gala-do-futbol-da-costa-qpc/

Fonte

Comentarios