Carlos Waldomar gaña aos puntos e se achega ao liderato do Campionato Galego
08:16 23/09/14
Este pasado domingo dia 21 de setembro, celebrouse nos montes de Leiro (Rianxo) 7º proba do campionato galego de trial. A Costa da Morte, como todos sabemos, só ten un representante neste campionato, na categoría TR3+35, o carnotán Carlos Waldomar, que, como ven sendo habitual nesta tempada, afrontaba este trial sendo un dos favoritos a vitoria. E non defraudou, o carnotán respondeu e tras un triple empate na cabeza do podio, os puntos, coma no boxeo, deron a vitoria a Waldomar, que queda a só 5 puntos do líder do Campionato Galego a falta de dúas probas.