Carnota acolle unha doble sesión de Trial

09:30 28/04/11

Por segundo ano consecutivo celébrase en Carnota unha das probas puntuables do Campionato Galego de Trial da Federación Galega de Motociclismo. A cita será doble, co II Trial Trofeo de Carnota, que se disputará este 1 de maio a partir das 10:00h nas inmediacións do Pavillón Polideportivo de Lamas de Castelo; e co posterior I Trial Clásicas, que terá lugar unha semana despois, o 8 de maio ás 11:00h en Vilar de Carnota.