mércores. 30.04.2025
El tiempo

Carnota xa pensa na mítica Carreira das Areas

Carnota xa pensa na mítica Carreira das Areas
Carreira das Areas de Carnota 2013

Xa está preparada a XXII edición da xa famosa, Carreira das Areas, que discorre polo extenso areal da Boca do Río, en Carnota. A cita será aínda o 24 de agosto pero toda preparación é boa para unha proba tan importante.

Unha proba que entra ademais nos circuitos, e que estará controlada mediante cronometraxe electrónica pola empresa Cronotec. Serán aproximandamente 10 km para os adultos, e non pasará dos 3km para os pequenos entre 7 e 15 anos.

Veremos cantos atletas se apuntan tendo en conta que o ano pasado foran 118 corredores e que este ano poñen de límite os 500 participantes.

Máis información e inscricións

Xa poden inscribirse dende Cronotec.es cunha cota de 3€.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios