Castrelo e Soneira asinan un convenio de colaboración, exemplo para outros concellos
Temos o corazón nun puño esperando pola Gala do Fútbol da Costa, pero temos que falar dun interesante convenio entre dous clubes do mesmo concello, e que pode ser interesante para outros municipios.
Para a vindeira tempada, a 2015/2016, as directivas do FC Castrelo e do Soneira S.D. decidiron firmar un convenio de colaboración. Este convenio marca o inicio dunha relación que permitirá a ambos equipos compartir xogadores de categoría sub-23.
Parécenos unha idea moi boa, porque tece redes permítíndolle ao Castrelo ter unha plantilla competitiva con chavales do pobo e con potencial, e ao Soneira permitir que se vaian formando e tirar deles en caso de facer falta e darlle minutos en 1ª Autonómica. Ademais poderán compartir entrenamentos, formas de traballar… e sobre todo ver que hai unha predisposición entre clubes de Vimianzo para fomentar a práctica de fútbol.
Torneo e Campus da SD
Xa pon en marcha ademais o Soneira o I Torneo de Fútbol7 Sub-16, no que poderán participar rapaces de entre 13 e 16 anos, e no que a inscripción é gratuita.
Ao mesmo tempo, tamén presentamos o I Campus de verán, que durará 3 días, para as idades comprendidas entre os 6 e os 13 anos, e no que a inscripción custa 15€ e inclúe unha camiseta e unha bolsa de deporte de agasallo.
Novas relacionadas
- Os nominados aos Premios do Fútbol da Costa 2014-2015.
- Zas e Sofán foron as capitais do Fútbol Base costeiro.
- Arrinca o Campionato de Barrios de Esteiro, o mellor torneo do verán costeiro.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).