Mércores. 15.05.2024
El tiempo

Arrinca o Campionato de Barrios de Esteiro, o mellor torneo do verán costeiro

Arrinca o Campionato de Barrios de Esteiro, o mellor torneo do verán costeiro

Non foi boa a campaña na 1ª Autonómica por Esteiro, pero non perden o sorriso dos esteiráns non se perde nunca, e menos no verán. Para alegrar o ánimo xa está en marcha o torneo máis famoso do verán costeiro, o Campionato de Barrios de Esteiro, que este ano vai xa 38ª edición. Si, 38.

Non faltan os míticos O Independiente, campión do do ano pasado, e do 2013, o Ciclón, campións en 2012, ou o Cachester, que levou a culler de madeira algún ano pero que mellorou moito. Ou o Tal, o Carallo Santo, o Abelleira ou o Praia de Raimundes. 7 equipazos que farán as delicias de todos os espectadores muradáns, que teñen a cita marcada do verán nas festas do Carme, pero porque A Salina acolle a final do Campionato.

O Torneo arrinca xa esta fin de semana, cun Independiente-Ciclón por todo o alto. Non perdades o ambientazo.

38 Campionato de Barrios de Esteiro 2015

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios