Luns. 29.04.2024
El tiempo

Zas e Sofán foron as capitais do Fútbol Base costeiro

Zas e Sofán foron as capitais do Fútbol Base costeiro
Torneo Base da SD Sofan-Foto-Luis Gonzalez

Menuda fin de semana para os pequenos aprendices de fútbolistas costeiros. Dous torneos de gran categoría tiveron lugar en Sofán e Zas. No Carral os protagonistas foron os alevíns e benxamíns, mentres que en San Andrés eran infantís os equipos participantes.

I Torneo de Fútbol Base de Sofán

Convencidos estamos que a SD Sofán será unha potencia en materia de base en poucos anos. Apenas levan 3 anos con categorías inferiores e xa arman torneos de referencia provincial. Un éxito de organización e participación, con máis de 800 persoas polo Carral para ver aos benxamíns e alevíns de 8 grandes equipos como Ural, XSC, Paiosaco, Laracha, Dumbría, Cabana, Orillamar e, como non, Sofán.

A xornada de convivencia, encadrada na campaña da “LFP AFICION + RESPETO / VIVE O FÚTBOL“ foi magnífica, con un exemplar comportamento de equipos e afeccionados, que disfrutaron dun dia de sol e fútbol. A organización foi felicitada por todos os asistentes: mais de 35 persoas acreditadas velaron por que o torneo se desenrolase de maneira correcta. Un bo servicio de parking, un catering que funcionou a tope todo o dia, unha cantina que botou fume de conversas de fútbol e vida entre cafes e cervexas, e os apaixoantes partidos fixeron un coctel imbatible.

No meramente deportivo, o equipo local, a Sd Sofán, mostrou que o Carral é un fortín incluso en fútbol base. Laracha e Sofán coparon as finais, vencendo a Sd en benxamíns por 3-0 e o Laracha en alevíns a penaltis tras igualar a 3 tantos no tempo inicial. En benxamíns o 3º foi o XSC e o 4º o Ural, mentras que en alevíns o 3º foi o Cabana e o 4º tamén os coruñeses do Ural. Mostra do bo nivel do torneo é que equipos con un traballo de base formidable, e que xogaron magnificos partidos no torneo, como o Dumbria, o Paiosaco ou o Orillamar coruñes, non foron quen de superar a primeira fase.

Benxamins e Alevins do Torneo Base da SD Sofan-Foto-Luis Gonzalez Manjarin dando un trofeo aos peques da SD Sofan-Foto-Luis Gonzalez

En proximos dias, a Sd sacará na sçua web unha extensa reportaxe fotográfica de Pablo Verdes, coñecido fotógrafo carballés, e o vídeo documental do torneo feito por Mama Lola Estudio. Estaremos atentos.


Ambientazo en Zas

Dumbria campion do Torneo de Zas

Fantástico tamén o ambiente no exitoso 1° Torneo Sporting Zas - Ponciano Nieto. O Campo de San Andrés acollían este torneo de Fútbol 7 para a categoría infantil, con 4 equipos fantásticos. Finalmente o Dumbría, que vén de descender da Liga Galega, deuse unha alegría e foi o campión tras vencer por 2-0 na finalísima ao Dubra. O 3º clasificado foi Os Miúdos, que venceron ao Bergantiños por 2-1 ademais de levar tamén o premio á Deportividade. O Premio Zamora equipo menos goleado foi para o Bergantiños, mentres que o Pichichi foi para Adrián, do Dumbría.

Torneo de Base en Zas O Dubra de peques en Zas Familia do Luis Calvo no Torneo de Zas

Fonte

Comentarios