Sábado. 12.10.2024
El tiempo

Castriz é branquiazul

Castriz é branquiazul
Familia da Pena Deportivista de Castriz Bar Catalino

Non cabe dúbida de que os virus merengue e blaugrana están espallados pola Costa. Pero o antídoto branquiazul segue medrando mesmo en tempos de crise. Aí vemos, ao Deportivo en 2ª División, e aínda así o sentimento branquiazul da Costa da Morte segue aflorando.

Onte nacía unha nova Peña Deportivista en Castriz Bar Cataliño, un deses bares futboleiros da volta, onde, por certo, tamén se vai vender o #AlbumdaCosta. O seu presidente José Luis Carreira facía de anfitrión no seu ateigado, coma sempre, Bar. Aproveitaron o descanso do partido da Champions para proceder á simbólica inauguración.

Antes os máis pequenos e vergonzosos achegábanse ás galegas estrelas do Depor para pedirlle que lle asinanar a camiseta e para botar unha foto.

O míster do equipo rossonero, Corredoira, fixo de presentador. Pachi Dopico, vicepresidente do clube e responsable das peñas; o tesoureiro da Federación de Peñas, Antonio Rama; e sobre os xogadores Álex Bergantiños e Juan Domínguez, foron os protagonistas.

Ambos quixeron agradecer o apoio que reciben a pesar de estarmos en 2ª División, e valora que en cada recuncho de Galicia nace unha nova peña che ade ilusión.

Estes días faremos un repaso ás Peñas Deportivistas da Costa da Morte, que chegan a un número que non nos esperábamos, a verdade.

Juan Dominguez asinando camisolas en Castriz A Directiva da Pena Deportivsta de Castriz Bar Catalino Inauguracion-da-Pena-Deportivista-Bar-Catalino Inauguracion da Pena Deportivista Bar Catalino Dopico e Alex Bergantinos facendo entrega do escudo ao presidente da Pena Deportivista de Castriz Bar Catalino Juan Dominguez na Inauguracion da Pena Deportivsta de Castriz Bar Catalino Alex Bergantinos falando na Inauguracion da Pena Deportivista de Castriz O Presidente Pince ben escoltado

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios