Cee acolle un novo torneo de fútbol base
 
          
    08:33 04/07/12 
             
Este sábado 7 de xullo, ademais do Torneo de Fútbol Praia de Louro, o campo de San Pedro de Refoxos acollerá un novo torneo de futbol base: O III Torneo de Fútbol 7 do S.R.D. Unión Club Cee. Benxamíns e alevíns de Cee, Corcubión, Muxía, Fisterra, Camariñas, Coristanco, Dumbría, Esteirana, Muros, Outes, Cabana e Baio competirán nun enorme torneo.
Os dous medios campos estarán activos dende ás 9:00h da mañá e as finais serán entre ás 17:45h e as 20:30h.
 
       
       
             
             
        

 
           
          