Comeza a rodar o balón nas LCFs


Esta semana ponse en marcha a XXI edición da Liga Comarcal de Fútbol Sala Costa da Morte 2017-2018. Gracias ao Club Deportivo Costa da Morte, son xa 21 edicións nas que o deporte escolar colle unha dimensión especial. As Ligas de FS, organizadas este ano pola Agrupación As Rías arrincan con 8 equipos en categoría Benxamín e outros tantos en Alevín. A novidade máis destacable é a presencia do Camariñas C.F. que presenta un equipo formado por nenas, sendo xa 3 os equipos femininos en competición.
Comezan este 11 de novembro (se ben moitas veces os partidos son disputados durante a semana), e rematan o 24 de febreiro. Clasificaranse os 4 primeiros para a fase final, que xogarán semifinais e finais para determinar os campións, que pasarán a xogar a Fase Intercomarcal.
Nós xa temos os calendarios incluídos en www.futboldacosta.com onde faremos un completo seguemento da competición.
Que rode o balón!
Responsables
Equipo | Responsable |
C. Fisterra | Miguel Olveira |
EF Corcubión | Carlos Lojo |
Villa de Cee | Mon Lijó |
Manuela Rial | Isma Leis |
C. Muxía | Fran Toba |
EMF Vimianzo | Paco Oreiro |
As Baleas | Vicente |
Fisober FSF | Dani Costa |
Camariñas | María José |
Os Calendarios e resultados en www.futboldacosta.com

Máis información
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).