Comeza o Knockout

- Pedra de Ouro e Ara Solis presentan dúas frontes decisivas na loita pola Liga da Costa; tamén en Primeira o derbi Baio-Malpica debe marcar estados de ánimos na búsqueda da salvación.

Presentadas credenciais e distribuidos máis ou menos os sitios de cada un neste curso, a tempada do fútbol modesto empeza a ter partidos deses que che din se tes dereito a 'outra consumición' ou terminou a 'barra libre'. Moito teñen que ver nese sentido dúas frontes competitivas da Liga da Costa, onde catro dos sete candidatos ao título deben mostrar credenciais. En Pino do Val, o durísimo Mazaricos parece un escollo en forma de proba de lume para o Sporting Zas, capaz ata o de agora de aguantar o aliento de Pontecesos, Fisterra e demais, e que ven de amosar unha fiabilidade excepcional. Moitos lembran o épico final da Liga pasada, cando o Mazaricos impediu que o Zas se proclamase campión na última xornada.
Será a segunda saída seguida, despois do inesperadamente difícil choque en Buño. E en Ara Solis un Fisterra nun momento dourado, e con ilusión social crecente, recibe a outro rival directo, un Baíñas con algo máis de presa e que nos últimos partidos ten mostrado varias facianas. Será, ademais, o retorno a casa do meta malleiro Joselu, toda unha vida de verde. Do resto da xornada tampouco ten nada de sinxela a visita do Ponteceso a Cee, un campo que tradicionalmente non se lle ten dado demasiado ben, aínda que chega como favorito fronte ao conxunto que é o primeiro na táboa dos 'terrenais'. O Castriz recibindo ao Buño e o San Lorenzo viaxando a Muros agardan boas noticias das outras frontes.
Pero non só na Liga da Costa empeza o decisivo. Ese mesmo cartel o merece para o sábado o derbi entre o Baio e un Malpica no que debuta no banco Ambrosio Oróns. Afeito a adestrar en categorías máis altas, asume o mando dun clube do que ten vivido como futbolista a súa etapa máis dourada. Un triunfo será un subidón de moral local, e tamén deixaría moi tocados aos da Pedra Queimada. Os outros representantes costeiros teñen sobre o papel choques asumibles. E así debería ser para o Soneira, que recibe ao Palmeira despois dunha pouco agardada bagaxe a semana pasada. Máis difícil será a visita do Outes a Cordeiro. Mirando unha categoría hacia arriba, na Preferente, non invita ao optimismo a visita do Dumbría a Bertamiráns, mentres que o Xallas en Monforte tentará aproveitar as amplas dimensións do campo.
Para a 3ª Autonómica queda outro deses partidos de 'knockout' entre Laxe e un Monte Louro de novo con opcións de título.
Ten tamén finalísima o Dumbría Xuvenil, ante o Conxo, un dos dos líderes que sacan 4 puntos aos de Leis e Lobelos. O Conco decidirá con canta vantaxa sae desta xornada. Igual que os Cadetes, de novo ante unha final pola permanencia.
Preferente Norte, xornada 24
Primeira Autonómica, xornada 22
Segunda Autonómica, xornada 22
Terceira Autonómica, xornada 19
Xuvenil - Liga Galega, xornada 22
Dumbría | 6/02 - 16:30 | Conxo |
Cadete - División de Honra, xornada 22
Dumbría | 06/02 - 12:00 | Santa Mariña |
Liguilla de Ascenso Xuvenil, xornada 4
Liguilla Copeira Xuvenil, xornada 4
Primeira Cadete, xornada 20
Primeira Infantil, xornada 20
AlevínCosta Sur F8, xornada 18
BenxamínCosta Sur F8, xornada 18
Veteranos, 1ª División, xornada 19
Veteranos, 2ª División, xornada 19
Máis información
- O cadro da Copa da Costa 2016.
- As táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com. Piquen dende o seu teléfono e pulsen “Engadir a pantalla de inicio”, para ter sempre os resultados no peto.
- A actualidade no Facebook “Fútbol da Costa”.
Fonte
- Guillermo Parga (guillermoparga@quepasanacosta.com).