Xoves. 16.05.2024
El tiempo

Comeza por fin a Liga Unificada Xuvenil

Comeza por fin a Liga Unificada Xuvenil
Cabana Xuvenil durante un choque de pretemporada O Cabana Xuvenil durante un choque de pretemporada E poñémolo con maiúsculas (L.U.X.), porque xa son moitos anos pedindo esa Liga Xuvenil Unificada no canto deses dous grupos Norte e Sur que segregaban a bisbarra e deixaban boa parte do curso con competicións sen interese. Gran atención pon o Fútbol costeiro no comezo desta Liga Xuvenil, que arrinca a golpe de venres no Pratas Reinoso cun Baio-Outes. Durante a mañá do sábado teremos o resto de partidos (tendes os horarios en www.futboldacosta.com onde actualizaremos os resultados segundo rematen os partidos). Falabamos esta semana con Juni, adestrador do San Lorenzo Xuvenil, un dos grandes favoritos despois da súa exitosa estrea na categoría do ano pasado, rozando o ascenso á Liga Galega. Xunto ao San Lorenzo, na zona alta, seguro que atopamos a un Xallas que sempre está aí, e veremos como afronta o Soneira a súa volta á categoría.

Adestradores dos Xuvenís

C.D. Baio MC e Bieito
Cabana S.D. Fernando
Camariñas F.C. Dani
Corme C.F. Lelo
E.D. Os Miúdos Fernando Silva e Manolo Camello
Muxía C.F. Luís Romaní
Outes C.F. Javier Lodeiro
Ponteceso S.D. Gurita
S.D. Coristanco Eloy
S.D. Esteirana Josiño Alves
S.D. Fisterra Pablo Lestón
S.D. Laxe Dani Argüelles e Martín Carrabete
S.D. Sofán Javier Cabeza
S.D.San Lorenzo Juni
Soneira S.D. Roland Caamaño e Pichón
U.D. Corcubión Carlos Lema e Emilio Corzón
Xallas F.C. Juan Prado
 

Tamén empezan os Infantís

18 equipos saltan ao campo esta fin de semana na liga comarcal Infantil. Unha mañá sabatina completa de fútbol base costeiro teremos pois este 2 de setembro.  

Novas relacionadas

Máis información

  • www.futboldacosta.com: Todas as táboas dos horarios, resultados, clasificacións e marcadores en tempo real.

Fonte

Comentarios