Comeza unha igualada Liga de Fútbol Sala de Cee
Xa leva case un mes en marcha a Liga de Fútbol Sala de Cee, probablemente a máis competida de toda a bisbarra. Equipos de Cee, Corcubión, Muxía, Carnota, Camariñas, Vimianzo, Brens, Lobelos, Quintáns, Buxantes e ata Arteixo participan esta campaña 2011/2012.
Como fixemos o ano pasado repasaremos semana tras semana os resultados de cada xornada e teredes sempre visibles as táboas dos Resultados e Clasificacións.
Clasificacións
Tras 4 primeiras xornadas, a igualdade é total. Con todo, o Distribuciones Barral, un clásico da Liga e dos que máis títulos colleita, é o líder con 10 puntos, 1 máis que os Federópticos Ollo, Loureiro O Coral e Clínica Sar.
Pola súa banda, na 2ª posición, A Cafetería A Romántica conta partidos por vitorias cunha diferencia de goles ademais espectacular, 30 goles a favor e tan só 6 en contra.
Por detrás está o Rest. Faina II a tan só 2 puntos, pero coa metade de goles a favor.
Datos na xornada 3
División | Máximo goleador | Porteiro menos batido |
1ª División | - Makaay (Fed. Ollo - 9 goles) - Pablo (Loureiro - 7 goles) - Isma (Sar - 6 goles) | - Campos (Fed. Ollo - 6 goles) - Rafa (Praia de Quenxe - 7 goles) - Ángel (Loureiro - 9 goles) |
2ª División | Bruno (A Romántica - 11 goles) - Álvaro (Faina II - 7 goles) - Álex (Const. Lema - 4 goles) | José Luís (A Romántica - 4 goles) - Andrés (Pesc. Corcubión - 5 goles). |
Máis información
Crónicas da semana
- Parte de sancións con aliñacións indebidas e novidades co Programa Xogade.
- Xuvenil Norte: Baio, Ponteceso e Camariñas apretan aos dous de arriba.
- Xuvenil Sur: 4 equipos esperan un pinchazo de Cee.
- 3ª Autonómica: O Coristanco mantén o pulso cos equipos do sur.
- 2ª Autonómica: 3 equipos á caza do Camariñas.
- Preferente: Só suma o Xallas.
- 1ª Autonómica: Doble alegría a base de garra.
- Resultados do fútbol da Costa.
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC ([email protected]).