Comeza unha nova e ilusionante temporada para a "marea vermella" do Olimpia


Este martes 18 de setembro volveron aos adestramentos os rapaces e rapazas da Asociación Deportiva Olimpia de Cee, que pretenden seguir desfrutando do atletismo ao longo da presente tempada. Se ben é certo que a marcha de Jorge Lariño, fundador do club e alma máter durante todos estes anos, por motivos laborais, o club queda nas boas mans de José Lago e outros 5 pais e nais que non querían que rematase este fermoso proxecto deportivo. Contan ademais cun monitor deportivo.
Foron algo máis de 60 atletas os que participaron nesta primeira xornada, co cal a xa coñecida como “marea vermella do Olimpia” seguirá dando guerra un ano máis en aquelas probas nas que participe, xa sexan carreiras populares, campionatos de campo a través ou probas de pista.
Dende a asociación animan a todos aqueles que queiran probar este deporte que se acerquen as pistas de atletismo de San Paio de Refoxos en Cee no seguinte horario: - Martes e Venres de 17:45 a 18:45 para atletas de categoría alevín ou inferiores - Martes e Venres de 18:45 a 19:45 e Xoves de 17:45 a 18:45 para atletas de categoría infantís, cadetes, xuvenil e júnior. Por último dende o club queren agradecer ao Concello de Cee, e as empresas Bazarra e AuroraSport a súa colaboración coa asociación Olimpia no fomento do atletismo de base.