Domingo. 13.10.2024
El tiempo

Comezan as Ligas de Veteranos con moitos movementos

Comezan as Ligas de Veteranos con moitos movementos
O Soneira de Veteranos afronta a 1ª División tralo ascenso claro do ano pasado

Esta fin de semana, este domingo 16 de setembro de 2012, salta a rodar o balón nas Ligas de Veteranos. Xa temos actualizados os calendarios da 1ª División e 2ª División, nunha Liga que se presenta tan apaixonante, e simpática, coma sempre. E se non, sigan a rede de blogues de Veteranos, que non ten perda.

Segundo nos conta Modesto Parga, Presidente do Comité de Fútbo de Veteranos, cóntanos que é pronto para valorar favoritos, unha vez que moitos dos equipos moveron fichas.

Hai ademais dúas caras novas, como son o Poniente e a SD Laxe, que completan os 15 equipos que forman a 2ª División. Na 1ª División son 16 os equipos os que entran en liza.

Pronósticos

Na 1ª División Parga destaca ao "San Román, que sempre vai estar dando a guerra, que ademais mantén a mesma estrutura e ten algunha cara nova. O Bergantiños parece que está facendo un bo equipo, con moita xente nova. E claro, o Castriz, actual campión de Liga e subcampión de Copa, e o Corcubión, campión de Copa non se poden descartar, que tamén teñen novas caras, e manteñen o forte bloque do ano pasado".
Por abaixo "haberá que ver como responden os dous recén ascendidos, pois se ben o Soneira levou de calle a 2ª o ano pasado, todos os equipos que ascenden notan o cambio", explica Modesto.

Na , "o Buño acaba de descender e haberá que ver como se pulsa, e pode ser un dos candidatos. Ademais o Cerqueda estivo reforzándose ben, pero aínda é moi cedo, e haberá que esperar 2 ou 3 xornadas para ver como encaixan as novas pezas.

Novedades

Unha das novidades é que só se poden presentar a fichas dos xogadores presentes media hora antes do partido. Se chegan xogadores despois do inicio do partido, terá que pararse o partido e terá que presentar a ficha. Xa se sabe que nos Veteranos non se para o partido para os cambios, excepto nestes casos.

Pois nada, que comece a rodar o esférico!

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios