Luns. 13.07.2020
El tiempo

Comezos dispares para os equipos conserveiros de balonmán

Comezos dispares para os equipos conserveiros de balonmán
Comezou a tempada para os equipos conserveiros de balonmán da Costa da Morte. O Bm. Camariñas, este ano na 1ª División Autonómica, empezaba con mal pé, mentres que o Calvo Xiria, un ano máis na 1ª División Estatal, abría a tempada cunha vitoria contundente fóra de casa, tras superar unha coomplicada pretempada.

Ademais, o terceiro equipo da zona, tiña lugar a presentación da familia do Balonmán Xallas, e amosaban todas as súas equipacións este sábado no pavillón de Fontenla.

Presentacion do Bm Xallas- Foto-Jose Santos Rodriguez

1ª Autonómica, xornada 1

  • Resultado: Bm. Rasoeiro - Balonmán Camariñas (29-23)
  • BM. CAMARIÑAS: Alex (p), Víctor (p), Fari, Eusebio, Quin (3), Damián (2), Borja (8), Catalán (3), José Ramón (2), Xabi (1), Perón (4), Antelo.

Mal partido do Camariñas en ou Grove, que se estrelou contra a defensa do equipo pontevedrés. Iniciaron o partido ben, a pesar do enganoso do marcador, pero aos poucos un Rasoeiro moi serio foise facendo co partido a base dunha defensa moi acertada e dun mal día para os de Camariñas, que nada puideron facer para entrar no partido, aínda que o resultado final maquillouse lixeiramente debido a que os locais moveron finalmente moito o banco dandole saída a todos os seus xogadores.

O Camariñas, ben por que non se adaptou ao cambio de balón oficial, ben por que non tivo a súa tarde, non puido facerlle fronte a un equipo moi completo e ben adestrado que nunca deixou ao Camariñas facer o seu xogo.
Destacar polo Rasoeiro a Igrexas na primeira liña e como pivote Senra fixo unha labor encomiable. Por parte do Camariñas destacar o bo partido de Borja, a lesión na man dereita de Quin, e non chegou a debutar o xuvenil Eusebio.

1ª Estatal, xornada 1

  • Resultado: Balonmán Cangas - Calvo Xiria (27-38)
  • Calvo Xiria: Kike [p], Ramón, Alex (1), Jesús (4), Sergio (5), Chimpo (8), Manu (5) -equipo inicial- Iago.

Bo comezo de tempada deste renovado Xiria. I é que contaron con Gonzalo, logo dun ano inédito por mor dunha lesión: coa volta de Jesús logo da súa estadía en Dinamarca por mor de estudos; con Mario -que non foi da partida nesta ocasión, e a aportación dos xogadores do equipo xuvenil -neste caso foi o debut de Martín-, chegaban os carballeses a este inicio ligueiro, para xogar ante o Bm. Cangas. Filial do conxunto de ASOBAL da península do Morrazo.

Logo dunha pretempada na que diferentes circunstancias impediron desenvolver todo o traballo que os carballeses desexarían ter feito, mais con toda a ilusión posta nunha campaña marcada polas fichaxes feitas por algúns equipos coa clara intención de acadar o ascenso de categoría e que semella vai ser moi dura, o Calvo Xiria desprazábase ata o Pavillón Municipal do Gatañal.

No pavillón cangués, durante trinta minutos, dous xogadores desequilibraron o encontro, Kike baixo os paus e Chimpo conquerindo un e outro gol de xeito continuado. A aportación do gardamallas Kike foi fundamental, trinta minutos de inspiración fixeron que os lanzadores cangueses encolleran os brazos e non fosen quen de rematar as ocasións que conseguían logo de moito traballo ante a defensa carballesa na que con moitas axudas cerrábanse os ocos. E Chimpo facendo valdío todo esforzo por manterse no encontro por parte local, tendo moita claridade nas accións ofensivas.

A segunda metade foi un mero trámite. O Cangas intentou cunha defensa moi abafante meterse no partido, e coa baixada de intensidade do Calvo parecía que podía conseguilo. Foi suficiente un tempo morto para retomar o nivel dos primeiros minutos e logo de levar a diferenza ata os quince goles o Xiria decidiu botar o freo e deixar pasar os dez minutos finais, coa cabeza posta xa no seguinte partido.

Vindeira cita

  • 1ª Autonómica: O vindeiro sábado ás 17:30 no Pavillón de Camariñas o Bm. Camariñas recibe ao Pavillón de Ourense.
  • 1ª Estatal: O Chapela será o próximo rival, un dos equipos que se reforzou co claro obxectivo de acadar a primeira praza.

Novas relacionadas

Fonte

  • Notas de prensa do Balonmán Camariñas e do Calvo Xiria.

comentarios