mércores. 30.04.2025
El tiempo

Como será a 2ª e a 3ª Autonómica do Fútbol da Costa o ano que vén?

Como será a 2ª e a 3ª Autonómica do Fútbol da Costa o ano que vén?
Unha de futbol da Costa

Boa resposta do fútbol costeiro á reunión de onte coa Federación en Baio. Había unhas 60 persoas do noso fútbol, coa presencia de 3 membros da directiva, e mesmo Presidente da Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán. Unha reunión informativa, pero tamén das que é importante acodir, pois son nas que se decide o plan competicional.

Precisamente, o gran debate foi ese, sobre como estruturar as nosas 2ª e 3ª Autonómica. O que xa sabemos é que a Preferente (e a 3ª División) empezará o 23 de agosto, e o 6 de setembro o fará a 1ª e a 2ª Autonómica, ademais dos Xuvenís e Cadetes (os infantís empezará máis tarde pois por agora hai só 14 equipos e aínda non está pechado o prazo para inscribir equipos).

Queda no aire como quedará comoserá a 3ª, se haberá ou non haberá. Hai inscritos 10 equipos, coa inscrición do novo equipo “Bormoio Agualada”, da vila de Coristanco.
Aí o Corcubión propuxo facer 2 grupos de 2ª Autonómica, ou provocar 2 descensos máis o ano que vén e que quede a 2ª con 16 equipos e a 3ª con 12. Houbo debate, pero só había 3 equipos da 3ª presentes (Corcubión, Muxía e Lira). Non houbo acordo, entre os que prefiren os dous grupos de 2ª, que tampouco queren 2 descensos máis para o ano que vén, e os que prefiren rematar coa lacra desta liga das 4 voltas.

Os representantes dos clubs intentaron que a Federación se mollase, pero piden que saia acordo dos clubs. Ademais, non queren tocalo porque para o ano que vén, é posible se acometa unha modificación a nivel global pois a nivel galego as galegas as 3ª están quedando sen equipos, despois da desfeita da reforma dos últimos anos de facer máis grupos de 1ª Autonómica. Polo que é posible, que se non o decidimos nós, xa o decida a Federación. E dicir, se os clubs se unen e o piden, se cambiaría, pero como non hai quorum, xa decidirá a Federación.

En todo caso, sendo 10 equipos como parece que haberá para o ano que vén na 3ª Autonómica, esperan qu enon haia 4 voltas como este curso, pero eso quedou no aire.

O 18 de xullo é a Asemblea da Federación Galega en Santiago, e a semana seguinte fará unha nova reiunión para definir o calendario, e cubrir dúbidas e peticións.

Hospitais públicos

Outro dos temas que verdadeiramente importan ao fútbol da Costa é o tema sanitario. Os prezos que pon o Sergas son moito máis altos que os dunha aseguradora normal, pero intentarán un acordo só para as comarcas que non teñan un Hospital Privado preto, como a nosa. Aí están negociando para que o Sergas se implique. Van empezar a negociar pola Mariña lucense, despois polo Valdeorras e despois a nosa, polo que será con tempo.

Licencias

Xa se poden ir pedindo licencias para os xogadores. Explicaron o tema da mutualidade, que só sobe 1€, obrigados pola Federación Española.

Problemas cos estranxeiros menores

A Federación explicou tamén a problemática nova coas fichas dos xogadores extranxeiros menores, pois pasará a haber máis trabas despois da decisión da FIFA de amplialo a todo o fútbol, profesional e modesto. A federación entregou circulares con todos os os requisitos que hai que cumprir, moitos imposibles para un rapaz que xogue no fútbol afeccionado. A federación pediu ata o Valedor do Pobo que tome cartas para impedir estas trabas administrativas que poderán impedir que moitos rapaces estranxeiros queden sen fútbol e sen esa integración que permite o deporte, por mor dos problemas cas fichaxes a gran escala

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios