Venres. 29.03.2024
El tiempo

Con Alejo valen por dous

Con Alejo valen por dous
Case un par de tantos por encontro promedia o dianteiro do Corme, que provocou pesadelos aos porteiros contrarios corenta e tres veces en vintecatro choques xogados; a falta de dez xornadas, o récord histórico dunha campaña, o de Isidro no ano 91, está a só dezaoito muescas máis no mazo Alejo marcando e marcando Alejo marca e marca, e xa superou a marca de Adrián Makaay do ano pasado, e apunta ás cifras de Isidro Aïnda que fose portero –de feito entre amigos exerce como tal– seguramente Alejo Cambón Álvarez tería imitado en máis dunha ocasión ao famoso porteiro da Coca Cola e visto porta dalgún xeito. É o ADN do atacante do Corme, que está a escribir o prólogo, ou case o nudo, dunha páxina para a historia no balompé da Costa. Son corenta e tres dianas en vintecatro encontros da competición da regularidade. Vén de superar a Adrián Makaay e a súa campaña para a historia co Fisterra e no horizonte está a maior marca vista na Liga da Costa: os 61 tantos, tamén na Vila do Cristo, que asinara Isidro na campaña 1991-1992. A conta é sinxela: quedan dez partidos e o promedio do cormelán é de 1,8 por choque. De manterse, igualará a efeméride. Alejo marcando na final da Copa da Costa de Xuvenis 2011 Alejo marcando na final da Copa da Costa de Xuvenís 2011 Se se profundiza na carreira de Alejo un podería botarlle tranquilamente trinta e tantos anos. Ten pasado pola condición de canteirán revelación, estrela, lesións e mesmo por un eventual retiro. Pero o certo é que a actual pasa por ser unha das fases máis maduros de este home que cun cuarto de século ten a historia xa no bolsillo. "A ninguén lle gustan as lesións e menos as de gravidade. Unha gran parte dos problemas, como pinchazos, sobrecargas, etc, ao nivel no que xogamos pódense evitar adestrando e facendo estiramentos. Eu pasei de non facer nada deso, a ser obsesivo cos adestramentos, e de momento vaime ben, pois non tuven síntomas de ningunha lesión", lembra o atacante, que nunha línea moi semellante define a realidade do seu equipo e a importancia no rendemento. "Está a ser unha tempada redonda para o Corme, pero aínda non está nada dito, e está claro que na Liga da Costa é meu mellor ano, pero eso débese ó nivel ó que están meus amigos, meus compañeiros", lembra. "É moi fácil meter goles cando atrás tes xogadorazos como Brais, Toniño, Adrían, Eloy, Diego, Lucas...e deste último que vou decir que non saibades, teño unha sintonía con el desde pequeno que non fai falta mirarnos no campo para saber donde me vai colocar a balón, é un fénomeno", engade sobre o seu 'compañeiro de promoción. Un dos grandes méritos do Corme pasa por ter mantido a identidade, competitidade e fame, a pesares de sufrir o descenso de categoría. Nese sentido, Alejo apunta claramente ao regreso de Lentejo, que xa fóra campión de Liga: "Somos un equipo xove, ao que lle gusta xogar ao fútbol e cheo de xogadores que son vencedores natos; o primer troco foi a volta de Lentejo como adestrador: non digo que Miguel Torrado o fixera mal, todo o contrario, foi quen decidira coller o equipo no último intre na Primeira Galega e botoulle o que hai que ter sabendo que somos un equipo que non adestramos, e eso en primeira perxudicounos claramente, pero a volta de Lentejo foi a clave para o clube, fíxonos crer". A relación do Corme coas categorías superiores nunca foi precisamente de amor, senón máis ben todo o contrario. O factor recursos humanos, económicos e ata poboacionais, así como unha mentalidade distinta pode repercutir no horizonte a curto prazo dunha entidade que xa renunciara nunha ocasión a subir de categoría. " O obxectivo non é ir a Primeira, nin moito menos, senón conseguir gañar a Liga e poder facer unha festa con toda a afición, iso sería o máis bonito e despois o que teña que vir virá, pero a ningun se lle pasa pola cabeza pensar na Primeira", di o futbolista, que pensa máis no colectivo que no seu récord. "O obxectivo é gañar a Liga e si se pode facela invictos máis que mellor; Os goles sexan de quen sexan axudan o equipo, polo tanto procuro ou intento marcar os máximos posibles, pois é miña función", matiza. Alejo Cambon pichichi do Corme CF Imaxes de Alejo co seu Corme CF E pasando do futuro curtopracista ao que lle espera cando chegue a sequía, moitos ven neste rapaz ao Suso da Torriña do futuro. Foi adestrador, segundo en Sénior, e xa é unha lenda con autoristas no vestiario. E aí si que lle entra algo de vértigo. "Esa pregunta faime gracia; Suso da Torriña só hai un, e non creo que volva a ver outro como el neste club sinceramente, porque cando máis vamos valorar o que vale Suso para o Corme será cando non estea e aí moitos daránse conta de quen era Suso da torriña e de todo o que facía por este pequeno e modesto clube", puntualiza. Iso si, para tódolos clubes aos que se lle poñan os dentes longos pensando nos goles que podería marcar coa súa camiseta aí vai un aviso a navegantes e 'financistas': "Se ata agora non marchei, xa non o farei, é a mesma pregunta de todos os anos na cal sempre fago a mesma resposta". Palabra de potencial recordman. Alejo unha estrella en Corme Alejo, toda unha estrella en Corme ;)

Novas relacionadas

 

Comentarios