Venres. 20.09.2024
El tiempo

Con cartas novas

Con cartas novas
Os pinchazos na cabeza da semana deixan unha nova perspectiva para Corme e Baio, e sen marxe de erro a San Lorenzo, Mazaricos e Ponteceso; haberá novas finais na cabeza Lucas-Corme-Fuentefria San Lorenzo-Foto-Fin Lema Corme e San Lorenzo enfróntanse no Cairo nun dos partidazos da xornada-Foto do ano pasado de Fin Lema Debuxou un novo panorama na Liga da Costa a pasada xornada, na que só dous dos cinco candidatos ao título foron quen de vencer, e na que o Club Deportivo Baio situouse a un punto da primeira praza. O calendario deixa para sábado e domingo un menú que comeza ter tintes de decisivo, e que pon o foco sobre O Cairo. Alí, o invicto Corme, o dominador per seculi seculorum, recibe a un San Lorenzo que ten a oito puntos na táboa, que chega en forma de ultimátum e que ven de naufragar na casa. Dous dos conxuntos máis descarados e atrevidos frente a frente, nun feudo de reducidas dimensións. Cheira a orxía de goles e a unha das probas do algodón que lle quedan aos cormeláns. O seu rival máis directo irá a Agra de Filgueira de Louro, onde un dos equipos máis goleadores e goleados preséntase como unha incógnita e arma de dobre fío. Non o terá sinxelo o bronce, o Mazaricos, na volta de Raúl Periscal á Picota. Sen nada que perder e con moito oficio o Cerqueda promete guerra. E moita. O máis lonxano da cabeza é un Ponteceso que ven de sufrir un pau na casa co Coristanco, e que en Cee terá como rival a alguén que loita por sobrevivir na liga. Na outra competición, na da permanencia, Porteño e Laxe miden un duelo directo precioso, ao igual que no choque de apertura, un Corcubión-Baíñas que chega cos dous de resaca positiva. Esa loita do descenso mira sobre todo a Preferente, e ao que poda facer un Soneira ao que non lle vale outra cousa que vencer ao Chantada. Os vimianceses acostuman a ter bos resultados ante os chairegos, sobre todo na casa. Pola súa banda, a Viveiro nunha viaxe longa vai o Sofán, ambos tranquilos clasificatoriamente, mentres que o Xallas recibe a un moi mellorado Betanzos. O partidazo da xornada nas categorías máis nobres pasa pola provincia de Pontevedra, co enfrontamento entre Agolada e Dumbría. Os locais, que seguramente renunciarán ao ascenso en casa de acadalo, veñen de devolverlle a primeira praza aos costeiros. Unha nova final, pero pola zona baixa, terá o Outes en Lalín. Os dezanos veñen de culminar unha gran remontada clasificatoria e transitan xa pola zona tranquila, mentres que os de Cambeiro van coa 'frecha vermella do Pro Evolution'. Coa frecha para baixo parece un Zas que ten que reaccionar en Tordoia ante un durísimo rival como local. O Fisterra, máis tranquilo, buscará ante o Sigüeiro axudar ao Dumbría e, por que non, se o Agolada renuncia, pensar con obxectivos utópicos. Pode ser un gran día o domingo en Arliña, se o Muxía consigue vencer ao Ameixenda, xa que será campeón de Terceira e regresará a unha Segunda da que nunca debeu marchar. Volantes e Lira xogan un precioso derbi mirando ao ascenso.  

PreferenteNorte, xornada 29

 

1ªAutonómica, Gr.2, xornada 27

 

2ªAutonómica, Gr.2, xornada 28

 

3ªAutonómica, Gr.2, xornada 25

 

LigaGalegaXuvenil, xornada 26

 

LiguillapreviaáFasedeAscenso á Liga Galega Xuvenil, xornada 9

Liguillacopeira, Gr.1, xornada 6

Liguillacopeira, Gr.2, xornada 6

Liguillacopeira, Gr.3, xornada 6

 

LigaGalegaCadete, xornada 26

 

1ªCadete, xornada 24

 

LigaGalega Infantil, xornada 25

 

1ªInfantil, xornada 26

 

LigaAlevínNorte, xornada 4

LigaAlevínSur, xornada 20

LigaBenxamínNorte, xornada 4

LigaBenxamínSur, xornada 20

LigaPrebenxamín, xornada 3

 

LigasVeteranos, 1ª División, xornada 22

LigasVeteranos, 2ª División, xornada 22

 

Máisinformación

Comentarios