xoves. 01.05.2025
El tiempo

Convocado un novo Curso de Nivel 1 de Adestrador para o Fútbol da Costa

Convocado un novo Curso de Nivel 1 de Adestrador para o Fútbol da Costa
Curso Adestrador Baio 2016-Nivel 1

Xa podedes inscribirvos na sección de Adestradores-> Inscrición online de www.futgal.es. Está Cconvocado un novo Curso de Nivel 1, agora chamado UEFA B, de Adestrador para o Fútbol da Costa. A sede probable pode que sexa en Baio, pero depende dis inscritos e das localidades que sexan para definilo.

En breve anunciaranse outras convocatorias, como a do UEFA A (antigo nivel 2), que podería desenvolverse en Carballo, pero que tamén dependerá dos inscritos; e mais outro de Monitor de Fútbol Base, para que o xa se postulou Zas.

Titulacións necesarias

Como xa é coñecido, na tempada que se inicia en setembro, todos os adestradores, para poder sentarse nos banquiños e dirixir aos seus equipos, deben de estar titulados. Para esta campaña, en 1ª Autonómica pídese o nivel 1 ou UEFA B (para a próxima será o nivel 2 ou UEFA A), mentres que en 2ª e 3ª o nivel requirido será en de MONITOR, pero conscientes de que para a campaña 2017/18 será o nivel UEFA B e na 2018/19 xa o UEFA A (en 2ª), e en 3ª será MONITOR (2017/18) e UEFA B (2018/19).

Ademais, para os equipos de base é obligatorio ter, polo menos, un adestrador titulado para cada dous equipos de fútbol 8, sendo o titulo necesario o de MONITOR, ata xuvenil local, nestas dúas tempadas, pero a partir das 2018/19 esixirase en xuvenís o título de UEFA B.

Inscricións

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).

Comentarios