Copa da Costa: A tensión e a calor marcan os dous derbis
Tras uns intensos Cuartos, chegamos ás Semifinais da Copa da Costa 2014. Unhas semis de derbis, por abaixo en clave fisterrá entre dous grandes da zona como Cee e Dumbría, e polas terras do Xallas, os dous equipos da comarca xalleira, Castriz e XSC. Dúas elminatorias nas que reinou a igualdade a pesar da diferencia de categoría.
Cee - Dumbría (0-0)
- CEE: Parroto, Fiuza, Jorgito (Esteban, min.65), Berto (Dani Freire, min.46), Jacobo, Angeliño, Diego Cespón, Josiño, Nico, Llanero e Cris (Javi, min.60).
- DUMBRÍA: Julián Couto, José, Oscarín, Aarón Fdez., Jota, Aarón López, Adrián Makaay, Rivi, Doro, Jesús e Adrián Nieto. Tamén xogaron: Pablo Muíño, Dani Casal, Luisito e David Carreira.
Antes de comezar o partido o U.C. Cee aproveitou para render homenaxe a dous xa históricos do club, como son Rubén Fiuza e Dani Freire.
Partido marcado pola intensa calor que converteu nun forno o San Paio de Refoxos, onde non soplaba nada de vento a pesar do aberto que está. O equipo de Floreal prantou cara a todo un Dumbría, se ben o equipo de José Canosa, por certo, nomeado pola Radio Galega o Mellor Adestrador da Preferente Norte, tivo algunha boa ocasión pero se atopou cun gran Parroto.
Comezou o choque con moito tanteo, e durante 20 minutos houbo moito xogo no medio campo. Pouco a pouco o Dumbría foi tomando o mando das operacións, pero polo de pronto non conseguí facer demasiado dano ante un ben ordenado Cee.
Si que a balón parado Adrián Makaay tivo dous chutazos que repeleron os paus, se ben Cristian e Jacobo tiveron un par de remates de cabeza e Fiuza intentouno dende lonxe pero sen demasiada fe.
Continou o mesmo guión na segunda, cun Dumbría dominando e un Cee ben prantado, e con algunha que outra chegada visitante. A máis clara chegaba a 5 para o final, e de novo Parroto salvou ao Cee cunha gran parada ante Adrián Nieto, que deixa o partido completamente aberto de cara á volta
Castriz - XSC (1-2)
- CASTRIZ: Pablo, Bruno, Alex, Alberto (Adrián Prol, min.75), Martín, Chinda, Cili, David Agra, Víctor, Castro e Muni.
- XSC: David, Rubén Forján, Alberto (Cristian, min.36), Héctor, Rubio, Mata (Juan Lois, min.87), Marcos (Sergio Barbeira, min.80), Richi, Jesús, Darío e Toño (Steven, min.12).
- Goles: 0-1, min.26: Steven de cabeza nun córner; 1-1, min.50: Chinda define ben no man a man por baixo; 1-2, min.75: Richi de penalti por mans involuntarias pero claras de Cili.
- Expulsión: o local Adrián Prol no min.85 por vermella directa.
Partido moi igualado, sen demasiadas ocasións. que puido caer de calquera lado, pero que se decantou polo lado verde e laranxa con algo de sorte. Na primeira metade xogou mellor o Castriz, con varias chegadas á meta de David. Sen embargo era Steven, que tivo que saír por Toño nada máis comezar, anotaba o 0-1 de cabeza nun córner.
Seguía o Castriz mandando e indo polo empate ao comezo da segunda e unha boa internada de Chinda acababa co empate. Igualábase o choque pero as forzas comezaron a ser claves. Cando máis avanzaba o tempo máis peso collía o XSC sobre o partido, dada a mellor condición física dos xogadores da Preferente. Quedaban 15 minutos cando unha man involuntaria de Cili era sinalada como penalti polo colexiado e Richi non fallaba. Unha decisión, que xunto con outras como a expulsión de Adrián Prol, non gustaron nada aos rosoneros, que protestaron moito a actitude do colexiado.
Así, o XSC leva unha renda boa para a volta en Fontenla, unha renda que pode ser demasiado xenerosa para o visto en San Pedro.
Máis información
- Os cadros das Copas e as Fases de Ascenso en: www.copadacosta.com.
- www.futboldacosta.com.
- Facebook “Fútbol da Costa”.
Crónicas da Copa da Costa 2014
- Copa da Costa: Doble derbi para as Semifinais.
- Copa da Costa: Menudos Cuartos.
- Copa da Costa: Quedan uns Cuartos fantásticos.
Crónicas da semana
- Análise e resultados dunha fin de semana quente no fútbol da Costa.
- Comunicado do Sofán por un posible trato de favor co Val do Ulla.
Novas da Gala do Fútbol da Costa
- Festa interxeracional de todo o pobo para celebrar os 50 anos do CD Baio.
- Fran Hermida volverá ser A Voz do Fútbol da Costa.
- O cartel definitivo da Gala do Fútbol da Costa: De patrocinadores e premios.
- En marcha a III Gala do Fútbol da Costa.
- 2013: A noite das estrellas do Fútbol da Costa.
Novas relacionadas
- As Ligas Benxamín e Alevín Norte rematan decidindo a I Copa dos Biberóns.
- Marea de torneos para este comezo do verán.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).