Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Copa da Costa: Quedan uns Cuartos fantásticos

Copa da Costa: Quedan uns Cuartos fantásticos
 Malpica-Fisterra-de-Copa-Foto-Wash-Calvo

Xa temos cuartos, e ben bonitos, da Copa da Costa 2014. E os temos tras uns Oitavos moi competidos, se ben tiñamos varias eliminatorias decididas na volta. Pero houbo tensión, como a que protagonizou o Outes en Cee ata o último suspiro obrigando a Parroto a salvar da prórroga aos seus. Ou a tensión do Ameixenda que loitou durante moitos minutos ante o XSC.

Así que, os Cuartos quedan do seguinte xeito, con 4 emparellamentos fantásticos:

Cee - Outes (2-1)

  • CEE: Parroto, Jaiolo (Javi, min.82, Jorgito, Jacobo, Berto, Piquero, Angeliño, Rodri (Cris, min.20), Penedo (Andrés, min.65), Diego Cespón (Rafa, min.85) e Llanero.
  • OUTES: Gato, Borja, Arturo, Chúa, Róber, Martín, Poke (Saúl, min.60), David, Edu (Elías, min.46), Piki e Kin (Babu, min.65).
  • Goles: 1-0, min.30: Cristian aproveita un balón morto tras un remate de Penedo a centro de Jorgito; 1-1, min.35: Piki a pase de Kin tras unha boa xogada combinada; 2-1, min.55: Jorgito presiona, rouba e marca.

Partidazo no San Paio de Refoxos con emoción ata o final entre dous equipazos, que se decidiu por pequenos detalles e erros atrás. Tralo 2-2 da ida estaba todo aberto, e ambos equipos buscaron a vitoria. Comezou o Cee algo máis enchufado, e Gato tivo que esforzarse para enviar a córner un remate de Llanero a centro de Jorgito. Á media hora adiantábase o Cee por medio de Cristian tras unha xogada de Jorgito. Pero apenas 5 minutos despois o Outes asinaba o empate cando Piki aproveitaba un gran pase de Kin para batir a Parroto.

A segunda metade arrincaba co erro do Outes, que sucumbía á presión de Jorgito ante un mal pase da súa defensa ao porteiro, que rouba e marca. Por bando visitante Arturo a portería baleira mandaba fóra e Poke, noutra das mellores chegadas non batía a Parroto. Angeliño poco despois mandaba un balon ao pau desde 35 metros, xa cando o Outes estaba completamente volcado sobre a meta de Parroto, que de feito tivo que salvar, na última xogada ante Piki no man a man tras unha deixada co peito de Chúa, un empate que valería unha prórroga.

Remata así un temporadón do equipo de Manu Roque, comezando dun xeito histórico con 9 vitorias nos 9 primeiros partidos da Liga da Costa, cun equipo que dende a súa volta á competición non deu un paso atrás, todos cara adiante.
Mentres, o Cee terá en fronte ao Malpica nos Cuartos.

Malpica - Fisterra (1-1)

11 do Malpica ante o Fisterra-Foto-Luis Porto
  • MALPICA: Abraham (Pombo, min.46), Mario Casal, Adrián, David Castro, Fernando Varela, Martín Maradona (Ismael, min.75), Juan oBello, Cheo, Abel, (Petís, min.46), Eloy (David, min.62) e Óscar Suárez.
Malpica-Fisterra na Copa-Foto-Wash Calvo
  • FISTERRA: Joselu, Dani, Munitis, Breixo, (Asier, min.58), Robertín, Julito, Adrián, Noé, Huete, Josema, (Gabi, min.54) e Narantjo.
  • Goles: 1-0, min.48: David Castro de penalti por mans de Robertín; 1-1, min.52: Naranjo.

Partido cheoi de xuvenís e mesmo cadetes, con pouca tensión, xa case sentenciado tralo 0-2 da ida en Ara Solis. Intentouno o “baby” Fisterra e prantou cara a un Malpica que tratou de capear o temporal sen demasiados esforzos. Aínda así foron varias as ocasións que marraron os locais ante un Joselu que fixo un gran partido. Huete e Noé tiveron as mellores na primeira metade para os verdes e Naranjo na segunda. Por bando local Abel a pase de oBello en dúas ocasións, Eloy, Fernando Varela… tiveron opcións pero non conseguiron bater a Joselu.

Remata así a temporada do Fisterra, positiva pero coa sensacións de poder ter dado un paso máis. Mentres, o Malpica terá en fronte ao Cee nos Cuartos.

Malpica-Fisterra na Copa-Foto-Wash Calvo

Volantes - Zas (0-2)

  • VOLANTES: Vicente, Yeray, Maikel, Néstor (Adri, min.15), Juan, Pardelo, Brais, Martín, Ivi (Javi, min.75), Gabri e Piru.
  • ZAS: Sergio, Martín, Pereiro, Oli, Vecino (Fabián, min.77), Canedo (Dani, min.75), Peke, Pablo Lestón (Damián, min.70), David Blanco, Rubio e Lagoa (Andrés, min.80).
  • Goles: 0-1, min.20: Canedo; 0-2, min.68: Pablo Lestón.
Volantes-Zas-Foto-Paula Rodriguez

Puido romper ao autobús laranxa desta volta o Zas. Pero non o tivo fácil, a pesar de que o cadro local chegaba con moitas baixas. O Volantes prantexou o partido ben armado atrás, tratando de defender o empate a 1 colleitado en San Andrés, pero o gol aos 20 minutos de Canedo deu ao traste coas intencións locais, e tivo que estirarse un pouco.

Tampouco tivo moita chegada o Volantes o Zas aproveitou para facer máis ocasións, pero Vicente estivo, unha vez máis espectacular, demostrando ser un dos mellores porteiros da categoría. Tardou en chegar a sentenza ata o ecuador da segunda metade, pero o gol de Lestón foi definitivo.

Remata así a complicada temporada do Volantes, aínda pendente do que faga o Sofán na Fase de Ascenso pois a súa permenancia na Liga da Costa depende do ascenso sofanista. Mentres, o Zas protagonizará ante o Dumbría uns fermosos Cuartos.

Dumbría - Buño (3-1)

  • DUMBRÍA: Couto, Rudi Cotelo (Jorge), José (Oli), Aarón Fdez., Oscarín, Jota, Jesús, Dani Casal, Luisito (Kevin), Pablo Muíño e Adrián Nieto.
  • BUÑO: Toni, Gurita, Rubén, Iago, Ángel, Diego, Juan, David, Charro, Dani e Fran.
  • Goles: 0-1, min.4: Rudy Cotelo; 1-1, min.65: Gurita de cabeza; 2-1, min.80: Pablo Muíño; 3-1, min.85: Pablo Muíño.

Pachanga a vivida no Conco, nun choque sen tensión xa marcado pola ida (1-4). O Dumbría cheo de xuvenís e o Buño con 11 xustos, para facer un partido de verán. Púxose 1-0 o Dumbría co gol de Jota nada máis comezar, pero o Buño non se descompuxo e apretou durante moitos minutos aos dumbrieses, que estiveron frouxos.

Na segunda empataron os oleiros e mesmo puideron poñerse por diante, pero Couto respondeu, e despois xa cando se foron cansando os visitantes o Dumbría volveu tomar o mando e foi Pablo Muíño o que certificou a vitoria nos últimos minutos.

Remata a temporada o Buño de Esmorís, que fixo unha campaña de Notable. Mentres, ten Canosa problemas para a vindeira eliminatoria fronte un bo Zas, pois ten moitas baixas, e pode que non as recupere, mentres os Xuvenís seguen en competición.

Ponteceso - Baio (1-3)

  • PONTECESO: Illote, Lorenzo (Yago, min.76), Diego Collazo, Jorge, Josito, Dani Cotelo, Bolón (Youssef, min.77), Gieguito, Mendieta, Alberto Recarey e Nando.
  • BAIO: Manuel, Fachal (José Antonio, min.46), Eloy, Mario, Norberto, Martín, Brais (Yago, min.80), Bieito, MC, Canay (Rubio, min.60) e Alberto.
  • Goles: 1-0, min.20: Dani Cotelo; 1-1, min.35: MC; 1-2, min.43: Canay; 1-3, min.53: Brais.

Partido igualado, que viña moi equilibrado tralo empate da ida, entre dous primeiras. E foi moi intenso e igualado, sobre todo ata o primeiro gol, pois a partir de aí o Baio estirouse e tomou o bando. Xa avisou cun tiro ao longueiro que puido botar dentro, pero foi MC o que asinaba o empate, e de contado Canay asinaba o 2-1 que facía moito dano nas filas pontecesás.

Comezaba a segunda metade aínda con opcións para os dous equipos pero o gol de Brais facía que o Ponteceso baixase os brazos e o partido foi esmorecendo. Dominou durante a segunda metade o cadro de David Velo ante un Baio máis defensivo, pero non creaba perigo.

Remata así unha temporada de transición na familia do Ponteceso SD, que se ben a nivel resultados non se pode calificar como positiva tralo descenso á Liga da Costa, si que se pode dar a lectura de que a aposta pola xente da casa está feita, prantando para o futuro. Haberá que ver quen toma o mando, unha vez que a directiva xa lle comunicou a David Velo que non seguirá. Seguro que ofertas non lle faltan.
Mentres, o Baio segue co seu temporadón, e os de Félix parten como favoritos ante uin Castriz que leva case que un mes sen xogar, pois o segundo partido de 16avos non se xogou pola sanción ao Camelle, e en Oitavos aproveitouse da retirada do Sofán para preparar a Fase de Ascenso.

Corme - Soneira (2-2)

Corme CF 2013-2014
  • CORME: Suso, Dani (Pandi, min.80), Alejandro, Miguel Torrado, Sergio (Jose, min.75), Diego, Juan Chans, Adrián Doldán, Alejo (Jesús, min.70), Lucas e Toniño (Manu, min.85).
  • SONEIRA: Víctor, Maikel, Mayor (Javi, min.46), Sito (Manuel, min.80), Brais, Baba, Fran de Urroa, De la Sierra (Chans, min.70), Richi, Leo (Figueroa, min.55) e Basti.
  • Goles: 0-1, min.25: Basti de penalti; 1-1, min.50: Toniño de xogada persoal; 1-2, min.82: Javi cun golazo de cabeza; 2-2, min.89: Juan Chans nunha contra con Lucas.

Foi un partido entretido a pesar do inxusto 0-4 da ida, que xa deixara a eliminatoria practicamente sentenciada. Estes dous equipos, que se verán as caras a vindeira campaña en 1ª, protagonizaron un partido vistoso, combinando moito, cunha tarde apacible e un ambiente de fútbol estupendo no Cairo.

Comezou o Soneira mandando, e ademais do penalti que non marraba Basti, Baba e Richi puideron ampliar a renda. Pero o Corme tiña moita arma perigosa arriba, e se vía que calquera contra, calquera saída rápida, podería acabar en gol.

Sacou as gañas de non perder o Corme. Pero non foi ata a segunda cando Toniño sacaba a súa calidade para asinar o empate en xogada persoal. O Soneira non se viu abaixo e Javi marcou un e tivo un par de ocasións máis, pero co empate de Juan Chans remataba o fermoso choque, que acaba coa temporada do Soneira e deixa ao Corme con moitas gañas camiño do doblete, e terá en fronte nada menos que ao XSC, outro dos que se poderá encontrar o ano que vén na 1ª.

A mala nova é que entraron de novo, como en febreiro, no Cairo a roubar, e levaron o cableado eléctrico… Menuda desfeita.

Ameixenda - XSC (1-4)

  • AMEIXENDA: Óscar Riolo, José Manuel, Javichu (Demetrio, min.70), Kamacho (Brais, min.65), Bruno, Mateo, David, (Jorge, min.75) Bichiño (Álex, min.60), Borja, Momaño e Rioliño.
  • XSC: Davdi, Cris, Alberto, Jony, Rubio, César, Marcos, Mata, Richi, Darío e Toño. Tamén xogaron: Adrián, Diego, Tefi e Steven.
  • Goles: 0-1, min.38: Darío; 0-2, min.50: Rubio; 1-2, min.70: Brais de penalti; 1-3, min.72: Richi de penalti; 1-4, min.86: Marcos.
  • Expusións: os locais David (min.70), Momaño (min.85) e Álex (min.86).

Chegaba o Ameixenda coa ilusión de dar a sorpresa en Fontenla, pero o campo se fixo moi longo e o colexiado sacou de quicio aos ceenses. Aguantou a primeira metade pero un gol a 7 do descanso e outro aos 5 de comezar a segunda sentenciaron o choque para os xalleiros, que na segunda metade demostraron a diferencia de categoría, sobre todo no físico, e viron como o Ameixenda quedaba con 8 no campo.

Remata así a temporada do Ameixenda, unha temporada fantástica, esta a 2ª do club ceense, quedando ás portas do ascenso á Liga da Costa, pero que deixa cargada de ilusión a unha afección con gañas de máis.
Pola súa banda, o XSC espera xa ao Corme, nunha das eliminatorias máis intensas dos Cuartos.

Crónicas da #CopadaCosta

Máis información

Crónicas da semana

Artigos relacionados

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Fonte

Comentarios