Xoves. 03.10.2024
El tiempo

Copa da Costa: Menudos Cuartos

Copa da Costa: Menudos Cuartos
Pablo Muino marcou dous en Zas--Foto-Jorge Parri

Espectaculares os Cuartos da Copa da Costa 2014. 8 equipazos en liza, e 4 eliminatorias tremendamente igualadas, que rematan a ida con 3 vitorias visitantes e un empate, pero nada decidido de cara á volta. Notouse oficio dos de maior categoría pero os teóricos pequenos pelexaron cara a cara

En Cee, o Malpica acadou un empate que deixa todo pendente do que aconteza en Pedra Queimada. Mentres, en Zas, o Dumbría sacou demasiada renda para o visto no choque. O Baio tamén trae unha apurada vitoria pola mínima de San Pedro, pero o Castriz buscará a remontada no Platas Reinoso.

Polémico foi o Corme-XSC no Cairo, que deixa ao cadro xalleiro cunha mínima vantaxe. A volta prevese fantástica.

Cee - Malpica (1-1)

CopadaCosta-Cee-Malpica-Foto-Wash Calvo
  • CEE: Parroto, Nico, Jorgito, Jacobo (Fiuza, min.46), Berto, Piquero (Esteban, min.65), Angeliño, Andrés (Cristian, min.46), Penedo (Josiño, min.70), Diego Cespón e Llanero.
  • MALPICA: Abraham, Mario Casal, Adrián, David Castro, Alemán, Andrés (Ismael, min.85), Fernando Varela, Juan oBello, Abel (Petís, min.75), Eloy Cabeza (Martín Maradona, min.70) e Óscar Suárez.
  • Goles: 0-1, min.20: Juan oBello dende 30 metros; 1-1, min.86: Llanero.
  • Expulsión: o ceense Nico (min.60) e o malpicán Juan oBello (min.64).
CopadaCosta-Cee-Malpica-Foto-Wash Calvo

Bo partido o vivido no San Paio de Refoxos entre o Rei de Copas e un Malpica que está a facer un temporadón. Ao final, un empate xusto con decisións polémicas do árbitro que perxudicaron por igual aos dous equipos (nun partido con poucas patadas). Moito calor, que se fixo notar e uniuse a amplitude do campo de Cee, sendo os dous goles foron o mellor do partido. Non foi moi vistoso, pero si intenso e igualado, que deixa todo aberto de cara a volta..

Comezou o Malpica mellor durante os primeiros 45 minutos ante un impreciso Cee. Así e todo foi o ceense Andrés o que tivo a mellor ocasión da primeira metade e obrigou a Abraham a mandar a córner. O cadro malpicán ía achegándose, pero non necesitouestar moi preto Juan oBello para marcar o golazo da tarde, dende máis de 30 metros e pola escuadra de Parroto.

Mellorou o Cee na segunda, co vento a favor, e buscou, sobre todo no último cuarto de hora, o empate. E chegou, nunha xogada por banda de Fiuza, o seu centro o engancha un incombustible Llanero para facer o empate final.

CopadaCosta-Cee-Malpica-Foto-Wash Calvo

Zas - Dumbría (1-2)

11 do Zas ante o Dumbria na Copa-Foto-Jorge Parri
  • ZAS: Rizos, Martín (Fabián, min.80), Pereiro, Oli (Dani, min.75), Víctor Vecino, Canedo, Peke, Pablo Lestón (Damián, min.70), David Blanco, Rubio e Lagoa.
11 do Dumbria en Zas-Foto-Jorge Parri
  • DUMBRÍA: Julián, David (Rudi Cotelo, min.46), Oscarín, Jose, Aarón Fdez., Jota, Rivi, Jesús (Lourido, min.70), Pablo Muíño (Doro, min.71), Dani Casal (Aarón López, min.46) e Adrián Nieto (Couto, min.91).
  • Goles: 1-0, min.8: Rubio a pase ao oco de Pablo Lestón; 1-1, min.50: Pablo Muíño; 1.2, min.65: Pablo Muíño.
  • Expulsións: os dumbrieses Lourido e Julián e o zaense Víctor Vecino.
Capis do Dumbria e Zas na Copa-Foto-Jorge Parri

Partidazo en San Andrés entre dous equipazos. O Zas de Iván Cancela recibía a todo un Dumbría de Canosa tras un ano fantástico na Preferente. Pero non se amilanou o Zas foi superior sobre todo na primeira metade.

Abría o partido Rubio cun gol aproveitando un bo pase de Pablo Lestón. Peke avisou pouco despois, e os zaenses protestaron gol anulado a Canedo no 23 por fóra de xogo. Ademais, unha falta de Lagoa saía rozando o longueiro no min.27.

O Dumbría tardou en meterse no partido e Adrián Nieto avisou cunha falta ao longueiro antes de ir aos vestiarios. Así foi, na segunda, o Dumbría veuse arriba cos cambios, colleu o balón e mandou, pero sen embargo as mellores ocasións eran do Zas á contra. Pronto Pablo Muíño, ante o equipo do que é presidente o seu irmán, anotaba dous goles rápidos, de goleador puro.

O Zas tivo un par de internadas fantásticas de David Blanco pero Julián gañoulle a partida en sendos mans a mans, así como a Lagoa nunha falta lonxaba pero moi potente.

Ambos protestaron a actitude do árbitro, moi protagonista, que expulsou a tres xogadores, 2 dumbrieses e un zaense, demasiado esaxeradas.

Castriz - Baio (0-1)

  • CASTRIZ: Pablo, Alberto (Balsa, min.70), Chinda, Víctor, Álex, Bruno, Pablo Muni, Luís, Cilindro (Martín, min.60), Agra e Adrián Prol.
  • BAIO: Yago, Mario, Eloy, Norber, Martín, Brais, Bieito (Fredi, min.87), Alberto (Christian, min.58), Canay (Rubio, min.67) e MC (Jose, min.85).
  • Gol: 0-1, min.16: Norber tras unha falta lateral.

Partido igualado, sen demasiadas ocasións, con moito medio campo, que acabou caendo do lado do Baio, con alfo mási de sorte cara gol. O Castriz de Esteban, que levaba case un mes parado, acusou o parón, pero prantou cara a todo un Baio evitando que houbese un dominador claro.

Se ben o Baio tivo algo máis o balón, a entrega dos xalleiros foi clave, e tiveron ocasións para levar un resultado mellor. De tódolos xeitos, a volta está aberta e xa avisan dende Castriz que no Platas Reinoso estarán moi cómodos, con máis espazos para correr.

O partido comezaba co gol de Norber tras unha falta lateral. Respondeu Luís, cun tiro ao longueiro que botou na liña e saíu. E antes do descanso tamén Luís tivo unha ocasión que salvou Yago.

Corme - XSC (0-1)

  • CORME: Javi, Diego, Alejandro, Dani (Jesís, min.65), Sergio, Brais (Pandi, min.70), Juan Chans, Adrián Doldán, Alejo, Lucas e Toniño.
  • XSC: David, Rubén Forján, Cristian, Jonathan, Alberto, César (Jesús, min.46), Marcos, Mata (Adrián, min.85), Richi, Toño (Steven, min.75) e Arnejo.
  • Gol: 0-1, min.31: Sergio en propia.
  • Expulsión: o míster cormelán Lentejo (min.70) e Diego no min.85.

Menudo partido o vivido en Corme. A eliminatoria máis intensa dos Cuartos demostoru que ten as revolucións moi altas, e o Cairo viviu un partido moi quente. Foi un choque igualadísimo, de ti a ti, sen un dominador claro, pero onde se notou o oficio do equipo que vén da Preferente, se vén o máis seguro é que ambos equipos se enfronten o ano que vén en 1ª. Non faltou a polémica e os siareiros do Corme protestaron o xogo duro empregado polos xalleiros así como a permisividade arbitral, que acabou expulsado a dous membros dos cormeláns, por protestar.

O partido arrincaba cun penalti sobre Alejo que falla o propio punta cormelán. E de contado, pediron os cormeláns outra pena máxima sobre Juan Chans, que suporía a expulsión dun defensa xalleiro, pero aí o colexiado non pitou.

O partido seguía igualado, e despois dunha ocasión clarísima dos xalleiros, e nun córner que non era, un balón ao segundo pau petou na cabeza de Sergio que, sen querer, meteu o balón cara dentro. Asentáronse os de Coméndez nese treito e de aí ao descanso dominaron pero non ampliaron a renda.

Na segunda comezaba cun man a man que parou Javi. O partido continuaba, co Corme protestando pola dureza xalleira, pero recibindo ao tempo 11 cartóns. Xa co tempo cumplido e con 10, Lucas centrou para que Sergio rematase, parou David e Juan Chans tivo o rexeite pero tamén parou o meta xalleiro.

Queda todo aberto para a volta, que será seguramente o sábado, porque o domingo teñen moitas comunións en Corme.

Crónicas da Copa da Costa 2014

Máis información

Crónicas da semana

Artigos relacionados

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Fonte

Comentarios