Xoves. 03.10.2024
El tiempo

Copa da Costa: Xornada de corte polémica

Copa da Costa: Xornada de corte polémica

Unha vez decidido que o Corme non disputará a Fase de Ascenso á 1ª (esta mañá fará o envío oficial da renuncia á Federación), o Fisterra xa pode celebrar o ascenso e o Malpica pode poñerse a entrenar que a vindeira semana comeza a Fase.

Pero a Copa non para e onte, Día das Letras Galegas, disputaba unha nova eliminatoria. Xa temos cuarto finalistas, que nos deixa un Soneira - Santa Comba ben interesante, iso si, co Soneira aínda pendente da Liga.

Destaca que houbo nada menos que 10 expulsados en 8 encontros, e algunha tangana seria, como a vivida en Muros.

Muros - Soneira (1-3)

  • MUROS: Fabio, Alberto (Juan, min.70), Marco Antonio, Teo, Mayuyo, Gelo, Adrián (Javi de Vístete, min.54), Jesús, Aitor, Yanky (Fernando min.90) e Sexo.
  • SONEIRA: Fran, Ferreiro (Víctor Vecino, min.50), Fran de Urroa (Pablo, min.50), Martín, Mauro, Darío (Pichi, min.50), Mayor, Santi (Andres, min.63), Iago, Kike (Vía, min.68) e Brais.
  • Goles: 0-1, min.70: Darío; 0-2, min.30: Santi; 0-3, min.59: Santi; 1-3, min.83: Yanky.
  • Expulsión: a Iago Dosil, do Soneira (min.65).

Repetiuse a historia de fai dous anos e a calidade do Soneira volveu a ser decisiba para darlle o pase aos cuartos de final. Cunha moi boa primeira metade dos soneiráns e dous golazos a eliminatoria quedou practicamente sentenciada. Brais demostrou ser o home máis en forma e determinante dos de Vimianzo, dúas boas acións del pola banda esquerda deron orixe aos dous primeiros goles, no primeiro, o balón centrado polo de Corcubión, sen tocar céspede, atopou a bota de Darío que no vértice da área pequena empalou unha fermosa volea a que nada puido facer Fabio. Pouco despois, de novo Brais foise de Alberto e centrou, desta vez Mayor recolleu no segundo pau e pasoulle a Santi que dende a frontal da área golpeu bombeado de primeira e colou o balón polo segundo pau ao que nada puido facer Fabio, máis que seguilo coa vista.

Tralo descanso, un saque de córner de Kike é rematado de cabeza no primeiro pau polo máis pequeno no campo, Santi. A partir de aí o Soneira baixou algo o ritmo e o partido entrou nunha fase fea e de entradas bruscas que o colexiado non soubo cortar e acabou nunha forte tangana na que case todos os xogadores se enzarzaron nunha melé, logo dunha forte entrada de Iago por detrás a Alberto. Os dous tiveron que abandonar o campo, Alberto por lesión e Iago por expulsión. Os muradáns marcaron tras un bo centro de Javi e remate de cabeza de Yanki, tentaron reacionar os locais, pero xa non tiveron tempo e tampouco deron facilidades os visitantes. Agora terán que xogarse o pase as semis con todo un oso duro como o Santa Comba, cos cales tamén pode certificar a permanencia este mesmo domingo.

Ponteceso - Santa Coma (1-4)

  • PONTECESO:: Norberto (Diego, min.75), Fabián (Salva, min.80), Pablo Vázquez, Dani Pallas, Ramón, Mendieta, Alberto Recarey, Borja (Jorge, min.65), Puente (Cristian, min.60), Toniño e Alex (Manu Urbieta, min.30).
  • SANTA COMBA:: Diego (Pablo, min.60), Chinda (Darío, min.46), Oscar (Marcos, min.60), Angelo, Roberto, Jota (Orlando, min.46), Doro, Toni, Noli, Julián e Baña (Mon, min.46)
  • Goles: 0-1, min.3: Noli; 0-2, min.7: Angelo; 1-2, min.59: Borja; 1-3, min.80: Mon; 1-4, min.84: Julián.
  • Expulsións: os dous adestradores de forma moi rigurosa e cun colexiado que se adicou máis a probocar e mesmo insultar aos xogadores que a centrarse no partido. Anotou mal o resultado, na acta recolleu un 1-3, amoestou a Mon en vez de anotarlle o gol, o cal lle deu Orlando que non participou en ningún dos goles.

Partido de guante branco que serviu para homenaxear a Julián que onte disputou o seu último partido federado. Semella que o Ponteceso se centrou máis e planificar o fin de campaña que en tentar remontar a eliminatoria. Marco tirou de bastante xogadores xuvenís e o 0-2 ao descanso deixou aínda máis claro para os de Ponteceso que a súa campaña chegara ao fin e con gran obxectivo da permanencia conseguido. Ao final do encontro o clube brindoulle un acto de despedida ao seu lateral esquerdo Fabián, que pense a non ser un home da casa de toda a vida, encaixou moi ben no equipo e foi un dos piares do ascenso o ano pasado.

Zas - Cabana (1-2)

  • ZAS: Damián, Quintáns, Mancebo (Oliver, min.64), Dani, Diego, Lagoa, Jorge, Rubio, Peque (Roli, min.80), Ismael e Pichín (Jaime, min.72).
  • CABANA: Añón, Pancho (Eloi García, min.83), Marcos, David (Adrian Santamarina, min.65), Jose, Sandro, Adrián, Josiño, Diego (Iván Mato, min.60), Rubén Rama (Jacobo, min.75) e Tonecho.
  • Goles: 0-1, min.71: Tonecho; 1-1, min.74: Jaime; 1-2, min.103: Adrián Santamarina.
  • Expulsión: O local Ismael (min.118) con cartón vermello directo por protestar.

Quédalles a sensación aos seareiros zasense que puideron sacar máis no enfrontamento co Cabana, de poñerlle un pouco máis de intensidade no campo. O Cabana sabendo que gañando se poñía nun gran problema para o fin de semana, xogaron coa ilusión chegar aos cuartos da Copa. Os de Pablo Mallón teñen que xogar mañá fronte ao Dumbría nos cuartos sabendo que non poden contar cos xuvenís, pois xogan a final da copa fronte ao Zas e que o domingo teñen o partido máis importante da tempada, en Louro, para buscar un posto de ascenso a liga da Costa.

O recén fichado, Tonecho, abriu o marcador ao rematar de cabeza un centro lateral xa na reta final do encontro, pero pouco despois, Jaime igualaba o choque, no primeiro balón que tocaba. Na prórroga un gol de Adrián Santamarina, tamén de cabeza tras un centro lateral, dáballe o pase aos cuartos, todo un éxito para o equipo de Terceira Autonómica.

Carnota - Xallas (1-1)

  • CARNOTA: Peipo, Manolo Chouza, David de Brea, Sergio Manín, Pedro, Jacobo (Pedro II, min.82), Tono da Caixa (Boni, min.91), Andrés Fandiño (David Castreje, min.65), Manuel Luis (Gabi, min.78), Rodrigo (José Manuel, min.35) e Manoliño.
  • XALLAS:: Cheli, Castro, Isma (Álex, min.46), Alemán, Rubio (Brais, min.59), Ricardo (Dani Becerra, min.59), Rubén Forján, Pío (Iván Forján, min.59), Sebas, Luis e Oscarín (Toni, min.46).
  • Goles: 1-0, min.11: Manoliño; 1-1, min.58: Rubio.

Deu a cara o Carnota ante un Xallas de Preferente, e durante máis de unha parte tivo o pase na man. Ou cando menos a prórroga. Pero tralo gol inicial de Manoliño que igualaba a eliminatoria, o Xallas foise facendo co balón. O Carnota acusaba o calor e o cansanzo e o Xallas achegábase máis e máis. Foi Rubio tras unha falta lateral que puxo o empate, que lle valía ao Xallas, que se adicou a última media hora a controlar e contemporizar o xogo.

Sofán - Dumbría (3-4)

  • SOFÁN: Carlos, Adrián, Gustavo, Juan, Juanjo, Eloy, Víctor, Suso Docampo, Abel (Edu, min.70), Iván Rey e Miniño.
  • DUMBRÍA: Sergio, Iván Pequeño, Suso, Aarón Fernández, David Carreira (Tantán, min.60), Aarón López, Schuster, Luisete, Eloy (Cote, min.70), Luisito (Riki, min.60) e Leo (Cacho, min.60)
  • Goles: 0-1, min.20: Schuster; 0-2, min.38: Leo; 1-2, min.51: Suso Docampo; 1-3, min.58: Leo; 2-3, min.66: Abel; 3-3, min.73: Abel; 3-4, min.80: Aarón López.
  • Expulsión: a Carlos (min.64) e Víctor (min.80), ambos do Sofán.

Está tolo este Dumbría, que xoga e deixa xogar. O partido foi un continuo ir e ver, sempre co Dumbría por diante, pero co Sofán respondendo cada golpe, ata que o colexiado lle expulsaron dous homes. Os locais protestaron as expulsións e mesmo un penalti a favor, pero ao final, e tras empatar, Aarón López sentenciou a elimnatoria.

Independiente - Corme (0-1)

  • INDEPENDIENTE: Upi, José Antonio, Juny, Rubén, Carlos, Gustavo (Efrén, min.55), Manuel, Suso (Dani, min.86), Héctor (Roberto, min.46), Ivi e Jorge.
  • CORME: Javi, Adolfo, Alejandro, Pandi, Lelo (Diego, min.60), Martín, Juan Chans, Adrián Doldán (Abel, min.72), Iago (Jesús, min.78), Lucas (Gonzalo, min.90) e Alejo.
  • Gol: 0-1, min.87: Alejo, de penalti.
  • Expulsión: a Juan Chans (min.68) do Corme e Upi do Independiente (min.86).

Xogou as súas cartas o Independiente e case lle saen ben. Moi ordenados en defensa nos dous encontros da eliminatoria, só a falta de 4 minutos para provocar a prórroga, unha desacertada decisión arbitral fixo que se acabara a copa para os de Carballo.

O Corme levou o peso do encontro e pese a que no partido de onte non tivo moitas ocasións de gol, tivo máis que os de Carballo que apenas crearon perigo na meta de Javi. Aínda que o colexiado non estivo acertado na decisión do penalti, en Corme considera que foi para compensar, pois dez minutos antes non pitou un claro penalti que ademais lle custou a expulsión a Juan Chans por protestar. Logo chegou a pena máxima sinalada e que para máis cabreo dos locais ocasionou a expulsión do meta Upi. O pichichi Alejo non perdou e xa non tiveron tempo para a reacción os do Independiente que acaban con moi boas sensacións a tempada. O Corme, unha vez xa decidiron non ascender, tentaran chegar as semis da Copa, pero para elo terán que desfacerse do Camariñas.

Camariñas - San Lorenzo (4-1)

  • CAMARIÑAS: Pombo, Diango, Carlos Meu Lar (Alberto, min.65), Roi, Maikel, Paco (Adrián, min.75), Moriño (Martín, min.77), Brais, De la Sierra, Javi (Yuyo, min.60) e Juan OBello.
  • SAN LORENZO: Recarey, Santi, Puñal, Quillo, Dubra, Toni (Sergio, min.40), Cachizo (Javi, min.70), Fuentefría, Bolón (Jorge Pichel, min.65), Carlos e Chucho (Marcos, min.60).
  • Goles: 1-0, min.1: Brais; 2-0, min.52: De la Sierra; 2-1, min.65: Fuentefría, de penalti; 3-1, min.82: Brais; 4-1, min.84: Yuyo.
  • Expulsión: a Recarey (min.40) e Fuentefría (min.85), ambos do San Lorenzo.

Apretou o San Lorenzo co 2-1 tras unha primeira metade de dominio local, na que mesmo o Camariñas desperdiciaba unha pena máxima por medio de Juan oBello. Pero cando mellor estaba o cadro de Verdillo, Brais puxo a puntiña.

Alcaián - Cee (3-2)

  • ALCAIÁN: Rizos, Pablo, Souto (Portillo, min.66), Dani, Pombo, Tote, Víctor, Pichel, Diego (Andrés, min.60), Daviciño (Rubio, min.46) e Roberto.
  • CEE: Iván, José Ramón, Moncho, Berto, Julito, Fermín, Piquero, Fernandito, Víctor, Tasky (Uri, min.61) e Penedo (Chiru, min.67).
  • Goles: 1-0, min.5: Pichel; 1-1, min.31: Fernandito; 2-1, min.76: Rubio; 2-2, min.87: Víctor; 3-2, min.93: Rubio.

Non foi a mellor tarde do Cee que nunca se sentíu cómodo no partido. Adiantábanse pronto os locais, Pichel á media volta mandaba o balon onde non podia chegar Iván. Intentou empatar o Cee por medio de J. Ramón de cabeza, Víctor tras un barullo e Piquero que se aproveitou dun balón pelexado por Tasky, avisaron antes do gol. Fernando a dez metros da área engancha un balón e cóao pola escuadra sen que nada poida facer Rizos.

Na segunda parte as ocasións foron alternas, Fer cun tiro desde a frontal, Tasky cun frouxo cabezazo, Fer de novo cunha cabalgada por banda pero o seu centro non atopa rematador. Por parte do Alcaián Tote con dous tiros que atrapa Iván sen problemas. Todo, antes do segundo gol. Rubio adiantaba de novo aos locais á saída dun corner. Empataría Victor a falta de tres minutos a pase de Fer. Puido levar a vitoria o Cee, Piquero manda un balón ao pau ao remate dunha falta. Un bo pase de Victor a Rubio acaba co definitivo 3-2, unha vitoria que lle serve a Alcaián para rematar a tempada co bo sabor de boca.

Máis información

Crónicas da semana

Máis novas

Fonte

Comentarios