![Corme Outes e Cee campions da Costa]()
Corme Xuvenil, Outes Cadete e Cee Infantil, os campións da Costa
A Costa e a Coruña son un só sector a nivel competicional. Mágoa porque mentres os campións das ligas de Ferrol, Lugo e Santiago saen directamente a unha final única para poder conseguir o ascenso ás Ligas Galegas. Pero costeiros e herculinos deben dirimirse nunha previa para determinar ao campión da delegación da Coruña.
Unha eliminatoria a partido único que se celebrará no campo de Xaviña de Buño, esté sábado 5 de maio, nunha completa xornada de fútbol base da mellor calidade.
Así,
o Corme, campión de Xuvenís (
que si que vai facer a Fase, ademais de xogar a Copa e axudar aos sénior coa súa Copa), terá que enfrontarse ao Once Caballeros. A cita, ás 11:00h.
Os cadetes do Outes enfrontaranse ao Orillamar xa ás 16:00h.
De seguido, ás 18:15h, será o turno do
Cee, campión Infantil da Costa, que buscará o pase á eliminatoria final da Fase de Asceso tamén ante o Orillamar.
En caso de empate, irán a penaltis. Como dicimos, se gañan irán a unha eliminatoria final directa ante un dos outros campións de Santiago, Lugo ou Ferrol. Se perden, terán que superar 4 eliminatorias para ascender.
Teredes os resultados segundo rematen os partidos en
www.copadacosta.com.
Novas relacionadas