Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Dani Carracedo, campión do Campionato Portugués de Enduro en Elite-1

Dani Carracedo, campión do Campionato Portugués de Enduro en Elite-1
Dani Carracedo en Agueda Dani Carracedo competindo en Águeda O Crossódromo Internacional de Águeda acollía esta pasada fin de semana unha nova proba do calendario do Campionato Nacional de Enduro, que organiza a Federación de Motociclismo de Portugal. Unha dura proba para o noso piloto laxense Dani Carracedo, que soubo nadar e gardala roupa para alzarse co título de campión nacional. Tiña que quedar de 4º os dous días da proba (unha proba marcada pola calor e polo terreo cheo de polvo), e non forzou, soubo aguantar o seu momento e conseguíu quedar por detrás de Diogo Ventura, Gonzalo Reis e Joao Rivas, pero por diante de Diego Vieira e Fernando Ferreira. Con esta 4ª posición Carracedo proclámase campión do Campionato Nacional de Enduro 2017 na categoría Elite 1, con 137 puntos colleitados nas probas de Góis, Valpaços, Vila Rei, Lousa, Régua, Souselas e Águeda. Só 3 puntos lle separaron de Fernando Ferreira. Carracedo compite en Portugal pola cercanía das carreiras, comparado co campionato español. “Saen máis económicas e ademais o terreo e a organización de todas as carreiras merecen a pena. Para min, persoalmente, son mellores e máis esixentes que as do campionato nacional español”, apunta. Ademais, recoñece que hai casas portuguesas que apoian, polo que non hai dúbida. Dani Carracedo Campion Nacional de Enduro en Agueda Dani Carracedo proclamouse Campion Nacional de Enduro en Águeda Carracedo agradécelle aos seus patrocinadores Motoextreme, Dagan Offroad, Crosspro, Adhesivosembarrados, BeBracing. E como non, quixo ter un detalle público con Javi Quintas, que decidiu non correr para facerlle de mochilero e botarlle unha man nesta consecución do título.

Vindeira proba

Xa pensa agora no calendario 2018, que sairá para o mes. Ademais, o 5 de novembro competirá na Liga Galega, na proba de Salceda, a última do ano do calendario galego.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios