Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Dani Casal, calidade na Pedra Queimada

Dani Casal, calidade na Pedra Queimada
Dani, un luxo ó servicio do Malpica Chegou a Malpica como solución de emerxencia ante un arranque caótico do equipo da Pedra Queimada, xunto con outros xogadores de recoñecido prestixio como Gonzalo Vilariño, Eloy ou Vituco. E resulta evidente que o equipo pillou outro tono, e que Dani Casal está resultando vital coa súa calidade na zona de creación, e os seus goles a balón parado, o último este domingo en Outes, para ir escapando pouco a pouco dun descenso que se adiviñaba seguro fai un par de meses. QPC - O encontro do domingo era de tremenda importancia para ambos equipos e fostes quen de levar os tres puntos. Como se viviu dende o vestiario malpicán? O partido foi moi disputado de principio a fin, en un campo difícil onde a afección apreta bastante e dado as dimensións do terreo de xogo sabíamos que o balón parado ia ser a clave e podría determinar o desenlace do partido, xogámonos algo máis que 3 puntos polos postos que viñamos ocupando na clasificación. Ademáis íamos con varias baixas importantes, pero todo saíu ben. QPC - E con gol teu a balón parado, unha vez máis... Estou tendo bastante sorte a balón parado e esto estanos servindo ó equipo para sacar puntos, é certo. QPC - Despois dun inicio un tanto desalentador, os últimos partidos están servindo para que remontedes na clasificación. Cal é a clave? A clave está sendo que hai bo grupo con ganas de traballar e estase reflexando nos resultados. Atrás estamos mostrandonos sólidos e arriba creamos moitas máis ocasións das que conseguimos materializar, e diría incluso, que ese é o único hándicap que está a ter o equipo. QPC - Que cambiou con respecto ó inicio de liga? Eu o inicio non estaba, e xunto a min chegamos 4 ou 5 fichajes en Novembro. Pero tivo que ser bastante complicado xa que non eran os suficientes activos para afrontar unha competición tan esixente. QPC - Que papel xoga en todo isto o voso adestrador, Repi? Repi nótase que é un home de fútbol que vive os partidos de unha forma moi apaixoada a veces ata de máis(jaja) pero esto sérvelle ao equipo para que non baixe en intensidade. Estamos moi contentos con el. QPC - Que premisas vos da para o fútbol que necesitades practicar? No que nos insiste é en ter contundencia atrás e que se manteña o balón o máis tempo posible con tranquilidade e en campo contrario. QPC - Cres que o equipo está case salvado? Salvados?? Non son moito de ese tipo de fútbol, pero de esta vez voume decantar polo "cholismo", nos iremos partido a partido e intentar seguir por esta línea. Salvados?? Para nada!! QPC - Como é o club por dentro?  Por agora a verdade e que non hai queixa, estanse portando moi ben con nós. O único que podría achacar sería a falta de apoio do pobo. QPC - Cales son os equipos que máis che gustaron polo de agora? O Esteiro e o Corme, os dous mellores equipos para min ós que nos enfrontamos.

Comentarios