Venres. 29.03.2024
El tiempo

Dani Casal, pluriemprego en Malpica

Dani Casal, pluriemprego en Malpica
É un dos homes máis coñecidos do noso fútbol costeiro dende que chegou a el procedente do Laracha. Dani Casal foise gañando o respeto de todo o mundo do balón coa súa sutil zurda, os seus golazos, e a súa visión tranquila do xogo. Clásico xogador doutra época, que salta ó campo só a disfrutar el e facer disfrutar á xente. O seu gusto polo fútbol levouno xa fai tempo a adestrar equipos de base, e dende este ano, anda facendo tamén labores na sombra para o Malpica, axudando á construcción do equipo dende dentro. Temos un futuro Alex Ferguson na Pedra Queimada? FOTO U.D. CERQUEDA QPC - O domingo anotaches o tanto malpicán no derbi contra o Cerqueda, tirando do carro dende o inicio. Como recordas a xogada? Foi un balón que roubamos en campo propio, Aitor viume moi ben entre liñas, méteme o balón e cando sae Diego Dourado son capaz de meterlle o balón entre as pernas. Foi unha pena que non valese para levar os tres puntos. QPC - Cada ano o Malpica ten que facer un equipo prácticamente novo. Este ano coa chegada do novo adestrador Gurita, que tal conxunto xuntastes? A verdade é que se fixo un bo equipo. Somo todos moi novos, moitos dos rapaces acaban de terminar en categoría xuvenil, a maioría non nos coñecíamos sacando 5 ou 6 que estamos dende o ano pasado, e iso estase notando. De momento non temos moi claro a que imos xogar, estámonos coñecendo todavía. Coa recuperación de Brais Lado e Laik o equipo ten que mellorar, para min van a ser xogadores claves, sobre todo Brais en ataque. O primeiro día tivo que xogar Alberto que non é dianteiro puro, e coa expulsión en Cerqueda non tiñamos a ninguén para ese posto. A ver o que sae de ahí. QPC - Cales son os obxectivos deste Malpica? Temos que ter unha continuidade, se pode ser para anos, porque nos últimos tempos en Malpica houbo moito cambio e moita fichaxe. A partir de ahí acadar o posto máis alto na tabla. Se podemos pelexar arriba, que son palabras maiores, pois pelexaremos, e senón intentar non pasar apuros e quedar mínimo da metade da tabla para arriba. QPC - O Malpica este ano pediuche que te involucraras algo máis no proxecto. Si, pedíronme que se podía botar unha man, pero eu son xogador e punto. Temos un bo adestrador como é Gurita e el é o responsable do equipo, e os xogadores temos que arrimar todos para o mellor do equipo. Si que é certo que como teño título se fai falta botar unha man nos adestramentos pois botoa, o ano pasado fixen as prácticas nos cadetes e estiven moi ben. O que é verdade é que se hai que chamar a algún coñecido para que veña a Malpica, pois fagoo. Creo que todos o fixemos algunha vez. QPC - As túas inquedanzas futbolísticas levarante a algún banquillo no futuro? Si que me vexo como adestrador nuns anos, pero de momento son xoven e quero disfrutar de xogar. Teño unha espiña clavada de non pelexar por estar en categorías superiores, pero son cousas que pasan e a veces non é todo como un quere. Teño ilusión por adestrar e aprender de cousas que vexo como xogador e poder aplicalas nun futuro. QPC - Como ves a liga este ano? Pois o Corme como sempre é o favorito, que xa se fan aburridos, nunca queren ascender tendo equipazos. Vexo ó Muxía como unha posible sorpresa, xa o ano pasado me gustaron moito, xogan moi ben ó fútbol e este ano penso que van a dar a campanada. O Baíñas é un equipo que tamén me parece que vai a estar arriba, e o Mazaricos e o Volantes de Baño, polos reforzos que fixo tamén creo que van a loitar polo título.    

Comentarios