David Calzas, un dos favoritos para repetir triunfo no Duatlón de Reis de Vimianzo

15:16 14/12/16

O domingo 8 de xaneiro celebrarase na parroquia de Salto o tradicional Duatlón cros de Reis do Concello de Vimianzo. Unha proba que xa se converteu nun referente na comarca entre os afeccionados a esta modalidade deportiva e que este ano celebra a súa oitava edición.
Un dos máximos favoritos ao trunfo final é o local David Calzas, que o ano pasado xa se proclamou campión da proba. Ademais proclamouse Subcampión Galego nesta mesma modalidade e participou no Campionato de España.
O prazo de inscrición xa está aberto en www.championchipnorte.com e non se pechará ata o 4 de xaneiro, ou ata completar as 200 prazas dispoñibles. Ollo que xa hai máis de 100 apuntados.

Novas relacionadas
- Abril 16: Duatlón e maratón con acento muradán e irmandiño.
- Os creadores do Duatlón Cros de Reis de Vimianzo recordan as súas orixes.
Fonte
- Concello de Vimianzo.