![David Calzas no Triatlon de Masi]()
David Calzas no Duatlón de Maside
![David Calzas]()
David Calzas
A segunda proba do Circuito Galego de Duatlón deixounos un campión costeiro. O vimiancés David Calzas (Tríatlon Costa da Morte) vencía o VIII Dúatlon Cross Concello de Maside, segunda proba do circuíto galego 2018, que reuniu a case 80 participantes.
Elpidio Gómez (licenza dun día) comezou liderando a proba no primeiro segmento de carreira a pe, pero na bicicleta David Calzas estivo a un gran nivel poñéndose en cabeza e marcando o mellor tempo neste sector, mentres que por detrás había unha dura pugna entre Rubén Deaño (licenza dun día) e Gabriel Castiñeira (Tríatlon Costa da Morte). Elpidio quedou descolgado na bicicleta.
No último segmento Calzas so tivo que manter a cómoda distancia que tiña cos seus perseguidores para vencer cun tempo final de 1:57:36. A segunda posición foi para Rubén Deaño, que foi o máis rápido neste segmento, e chegou a meta cun tempo de 2:00:37. A terceira posición foi para Gabriel Castiñeira (2:01:06).
O equipo Tríatlon Costa da Morte quedou, de novo, campión por equipos.
![Triatlon Costa da Morte en Maide]()
O Triatlon Costa da Morte xa leva dous triunfos por equipos
Novas relacionadas
Fonte