Sábado. 12.10.2024
El tiempo

De dez

  • Tanto a Primeira como a Segunda Autonómica chegan á decena de xornadas, cun menú do máis apetecible.
Imaxe do Esteirana_Cerqueda da semana pasada-Foto-UD Imaxe do Esteirana-Cerqueda da semana pasada-Foto-UD  

Preferente: Unha fiestra á zona morna

Incluso ao pesimismo invitaron nun comezo de liga algo máis ca dubitativo tanto o Xallas como o Dumbría. Parece que agora por fin os claros rachan cos nubarróns e o optimismo inclina do seu lado a balanza. E para proba definitiva o compromiso do Conco contra un Castro veterán duro e ben formado. En pleno proceso de retoque do plantel, os de Canosa suman dous triunfos consecutivos e asoman a cabeza por fóra da zona de descenso. Algo así necesita o Xallas, que na visita a Bertamiráns terá un duro exame á súa melloría. Moitos xogadores coñecidos no equipo de novo dirixido por Javi Touriño e un dos feudos máis curtos de Galicia.

Primeira Autonómica: A festa de Outes

Non é precisamente o mellor momento no que o Outes podería xogarse un partidazo ou recibir ao líder. Son xa cinco as semanas sen puntuar para os sureños. Non obstante, de seguro que non será un condicionante para que o graderío do Cunchido amose un espectacular aspecto co gallo da visita do Soneira. Os vimianceses comezan a exercer unha implacable tiranía sobre unha competición sobre a que dominan os tempos dos partidos, a parcelona ofensiva e o concepto de equipo. No resto da xornada o Sofán, na visita ao colista, non debería ter problemas. Ademais, é acuciante a necesidade para o Malpica, con moitas dúbidas no último mes; para un Corme con atasco defensivo; e para un Baio que, despois da dimisión de Óscar Suárez, queda esta semana ás ordes de Pastoriza.

Liga da Costa: Ingredientes gourmet en Fisterra

Nacho contra o seu exequipo, o líder visitando un dos feudos máis importantes da Costa, ou dous dos máis grandes conxuntos da historia da zona. Calquera deses podería ser o encabezado para un Fisterra-Ponteceso que sobresae por enriba do resto da xornada, e no que deberá atopar o seu lugar o cadro local, convencido de que este ano pode loitar por cousas moi grandes. Garra contra equilibrio, poderío ante orde, de seguro será unha partida de xadrez máis que interesante. Dese compromiso estarán moi pendentes un Baíñas favoritísimo contra o Porteño, un Zas que deberá ter moito coidado co repregue e saída rápida do Cerqueda, un Castriz que terá derbi co Coristanco e un San Lorenzo que non se fía un pelo do Ameixenda.

Terceira Autonómica: Co alento no cogote

Regresa á actividade o Corcubión, despois de ver como se lle achegaba a un só punto o emerxente Laxe. Non o terá fácil o líder contra o Camelle, que vai a máis. Máis sinxelo para o Laxe-Seaia, con certa rivalidade veciñal.

Fútbol base: A pasear liderado

O Dumbría, primeiro clasificado de Liga Galega Xuvenil, debe ser favorito fronte a un Unión de Asados que baixa notablemente fóra da casa e que busca a permanencia. Pola súa banda, na Xunqueira, e non de Cee senón de Pontevedra, o División de Honra Cadete terá unha proba contra un rival semella que directo.  

Preferente Norte, xornada 12

 

Primeira Autonómica, xornada 10

Segunda Autonómica, xornada 10

Terceira Autonómica, xornada 8

Xuvenil - Liga Galega, xornada 9

Dumbría 07/11 - 16:30 Unión

Cadete - División de Honra, xornada 9

Pontevedra 07/11 - 16:00 Dumbría
 

Xuvenil - Grupo Sur, xornada 10

Xuvenil - Grupo Norte, xornada 10

 

Primeira Cadete, xornada 9

Primeira Infantil, xornada 9

 

AlevínCosta Sur F8, xornada 6

BenxamínCosta Sur F8, xornada 6

 

Veteranos, 1ª División, xornada 8

Veteranos, 2ª División, xornada 8

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

Comentarios