![Doro do Xallas e Castro do Coristanco pichichis costeiros da Preferente e Xuvenís respectivamente]()
Doro do Xallas e Castro do Coristanco pichichis costeiros da Preferente e Xuvenís respectivamente
Xa levamos 3 meses de competición e as Ligas van tomando o pulso. Os equipos van tomando posicións e as táboas de goleadores xa van collendo algún sentido. Os pichichis van facendo o seu traballo, e facendo un repaso ás 4 ligas dos maiores emais os xuvenís, xa imos atopando grandes nomes.
Preferente
Na Preferente, destaca Taibo (Laracha) con 10 goles. Pero a nivel costeiro. Coma se dun
deja vu se trayase, o primeiro goleador costeiro é un tal
Doro (Xallas), con 5 tantos (1 de penalti), os mesmos que os sofanistas
Adrián Quintela e outro eterno pichichi,
Raúl (3 de penalti). Sorprende que o primeiro soneirán na táboa sexa
Pichi, con 4 tantos.
1ª Galega
![Alex Flores co Zas-Foto-Esclavitud copia]()
Alex Flores co Zas ante o Esclavitud-Foto-Esclavitud
Na 1ª Autonómica, con 8 tantos aparecen o fisterrán
Adrián Makaay, como non, e o zasense
Álex Flores a pesar de xogar tan só 9 partidos xogados por mor das lesións.
Máis abaixo, con 5, aparece o fisterrán
Bruno (2 de penalti), o zasense
Marcos Corzón e o dumbriés
Aarón López. A táboa de goleadores deixa ver ás claras os problemas do Outes cara gol (pechacancelas e o segundo menos goleador da categoría), pois é
David Sampedro o máximo goleador do equipo con 3 tantos (1 de penalti).
2ª Galega
![Alejo do Corme - Foto: Fin Lema]()
Alejo do Corme - Foto: Fin Lema
Na Liga da Costa, o cormelán
Alejo escapa no alto da táboa de goleadores con 18 goles (3 de penalti) en 13 partidos. Por detrás chega o baiés
MC con 13 goles (2 de penalti). Dani
Fuentefría, do San Lorenzo e
Yuyo do Camariñas suman 9 goles cada un, mentres con 8 están xa o tamén baiés
Javi Suárez e
Juni, tamén do San Lorenzo.
Geiko do Montelouro demostra por que o ano pasado foi pichichi da 3ª e xa leva 7 goles, os mesmos que
Martín, do Buño.
Con 6 aparece xa unha importante lista de nomes:
Santi Díaz (Baio),
Jorge Lorenzo (Coristanco),
Brandon (Camariñas), Toniño (
Corme),
Pablo Landeira (Castriz),
Andrés (Corcubión) e
Parafita (San Lorenzo).
Con 5 temos ao pichichi
David Blanco, que aínda non acaba de arrincar como o seu Baíñas;
Juan de Celia (o
loureán despois de protagonizar o susto hai dúas semanas segue marcando tanto en 2ª como en xuvenís, e suma 12 goles entre as dúas categorías),
Baba (Ponteceso),
Adri (Castriz), Velo (Porteño) e
Lucas (Corme).
3ª Galega
![Cristian protagonista na fin de semana do Ameixenda]()
Cristian sempre protagonista no Ameixenda-Foto de arquivo de decembro 2014
É o implacable
Cristian, do Ameixenda, o pichichi da 3ª a estas alturas. O goleador ceense leva xa 14 goles en 11 partidos. Por detrás está
o muxián Víctor Alcaina, un tesouro feito na casa, con 10 goles en 10 partidos.
E xa moi lonxe de ambos, con 6 tantos, atopamos a
Sergio Cancela do Seaia,
Enmanuel do Nantón e
Oli do Lira.
Con 5 tamén temos ao liracho
Edu, ao seu tocaio do Volantes, a
Iván Lagoa do Muxía, a
Borja do Ameixenda e
Felisiano do Camelle.
Pichichis Xuvenís
![Castro, o pichichi das ligas xuvenís, é de primeiro ano]()
Castro, o pichichi das ligas xuvenís, é de primeiro ano
Queda pouco para rematar a primeira fase das Ligas Xuvenís. E xa temos bos goleadores nos que fixarnos.
O máximo goleador da categoría é
Castro, punta deste sorprendente Coristanco de Eloy que se mantén nos postos de acceso á Liguilla de campións. O coristanqués leva nada menos que 18 goles (3 de penalti) e iso que é xuvenil de primeiro ano.
Os xalleiros
Carlos (16) e
Rachón (15) comandan a táboa de goleadores. Tamén con 16 está o camariñán
Brandón (outro dos que marca con xuvenís e con maiores); e
Brais Cancela, o pichichi do líder, As Pedreiras.
José Ángel é outro dos destacados da Liga, marcando xa 13 goles para o seu Cabana, mentres
Eloy (Ponteceso) leva 12.
Samu e Isma do Cee suman 11 e 10 goles respectivamente.
Anido, do Coristanco, tamén chegou á decena.
Sieira dos Miúdos suma 9 goles, polos 8 de
Lestón da Esteirana,
Simón do Outes e
Luís Lojo do Corcubión. 7 para o loureán
Juan de Celia, o xalleiro
Thiago e o fisterrán
Marcote.
Polo Norte temos a
Andrés do Zas con 9 tantos;
Ferreiro (Cabana) e
Manu Bermúdez (Corme) con 8; e
Aarón (San Lorenzo) con 7 tantos.
Máis información