De flor en Flores
09:28 20/01/17
O derbi de Primeira entre Dumbría e un Sporting Zas en estado de gracia marca unha xornada que invita ao optimismo na Preferente e que deixa varias frontes atractivas na Liga da Costa
Imaxe dun Zas-Dumbria copeiro-Foto-Paula
O equipo da tempada contra un dos conxuntos do ano. As dúas xeiras probablemente máis fiables do mes, aínda que con obxectivos antagónicos. Dumbría e Sporting Zas capitalizan a antención nun derbi de Primeira repetido na categoría case unha ducia de veces na última década. A fiabilidade do líder proba a condición de invicto de Pablo Mallón coma adestrador sportinguista, así como o momento idilio co gol que atravesa Álex Flores desde o seu retorno ao equipo (directamente proporcional co rendemento colectivo). O resto da xornada na categoría estará marcada polo retorno á competición da SD Fiserra. O Tordoia, rival duro, visita Ara Solis no que ben seguro será unha homenaxe ao desaparecido presidente Desi Nemiña. Pola súa banda, para o Outes será todo un desafío a visita a Sigüeiro.
No escalón superior, a Preferente, a xornada pinta ben. Ningún rival máis propicio para que o Soneira salga dos postos de descenso. Chega ao Municipal de Vimianzo un Sporting Sada que leva encaixados dezasete goles en dous partidos, e que ten uns tremendos problemas de infraestructura. A peor inimigo será a confianza. Un caso parecido atravesa o histórico rival do Xallas, un Lemos con convocatorias de menos de catorce homes desde hai meses, a pesares de representar a unha das vilas máis grandes da categoría. O Sofán terá ante o Chantada a opción de botarlle unha man, por exemplo, ao Soneira.
O cada vez máis solitario líder da Liga da Costa, o Corme, terá na Rocheira de Coristanco unha proba de versatilidade, e terá que adaptarse a un dos torreos de xogo que, por características, peor debería dárselle. Haberá tamén varios derbis. Na Pedra Queimada de Malpica o histórico entre un Malpica imprevisible e un Ponteceso no seu mellor momento do curso. Sen saír do Concello, Buño e Cerqueda tamén medirán unha especie de pulso pola supremacía municipal. Os máis directos perseguidores do líder, Baio e Mazaricos, terán visitantes trampa en San Lorenzo e Unión Club Cee.
Non haberá demasiados cruces de intereses nunha Terceira na que o Muxía buscará ante o Castrelo resacirse do pinchazo en Cee. Precisamente, Volantes e Ameixenda, dous dos equipos máis goleadores da competición, prometen emocións no Eleuterio Balayo.
PreferenteNorte, xornada 21
1ªAutonómica, Gr.2, xornada 19
2ªAutonómica, Gr.2, xornada 19
LigaGalega Xuvenil, xornada 18
1ªXuvenil, Gr.2, xornada 14
1ªXuvenil, Gr.3, xornada 18
LigaGalega Cadete, xornada 18
1ªCadete, xornada 15
LigaGalega Infantil, xornada 17
1ªInfantil, xornada 17
LigaAlevínSur, xornada 13
LigaBenxamínSur, xornada 13LigasVeteranos, 1ª División
LigasVeteranos, 1ª División
Máisinformación
- Mercado de fichaxes do Fútbol da Costa.
- As táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com. Piquen dende o seu teléfono e pulsen “Engadir a pantalla de inicio”, para ter sempre os resultados no peto.
- A actualidade no Facebook “Fútbol da Costa”.