De premio, un partido do Santiago Futsal

10:36 16/03/17

Despois da fantástica final das Ligas de fútbol sala de base Costa da Morte (LCFs) da semana pasada, os tres campións das ligas costeiras dos máis peques, esperan pacientemente a que cheguen as finais provinciais do 29 de abril.
Mentres, hai que artella actividadades, como a proposta muxiá de premiar a esta fornada de futbolistas, que leva 2 títulos en 3 anos. Os alevíns muxiáns gozarán dun partido da élite do fútbol sala nacional entre o Santiago Futsal e o Inter Movistar que terá lugar en Santiago o vindeiro venres 17 de marzo. Todo un premio para os vermellos.
Novas relacionadas
- A gran final das LCFs demostra que o Fútbol da Costa ten garantida a canteira.
- As LCFs celebran 20 anos cunha gran fase final no Conco.
- Novembro 2016: As LCFs cumpren 20 anos cunha maior participación feminina.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).