De torneos solidarios e presentacións

09:06 23/07/12

Continúa a pretempada do fútbol da Costa e seguimos recibindo algunha cousa. Non dubidedes en facernos chegar as fotos das presentacións dos voso equipos que teremos gusto e ir metendo as novas dos equipos da zona.
Un dos que comeza a rodar é o Ponteceso, con algunha que outra cara nova.
Torneo Solidario en Mazaricos

Pero hoxe queremos ir ata o Pino do Val, onde se celebraba o solidario torneo con Adisbismur, a Asociación de Discapacitados da Bisbarra de Muros. Mazaricos, Outes, Carnota e Veteranos do Xallas participaban.
Finalmente o campión foi o cadro local, o Mazaricos, que na final venceu ao Outes. O Carnota, que caía na semifinal ante o Outes, superaba no 3º e 4 posto aos Veteranos do Xallas. O Trofeo á Solidariedade levouno tamén o cadro mazaricán.
Novas relacionadas
- O fútbol e o volei praia serán os protagonistas da Festa da Praia do Ézaro.
- Movementos de pretemporada no fútbol da Costa.
- Os Piratas de Caldebarcos puideron coa Selección da Costa en Lombáns.
- O Corme segue buscando apoios para a súa proposta de ascenso.
- Vídeoentrevista de Ángel Garrido con Charro.
- Un pontecesán e un carnotán entre os Mellores do Mundo do Fútbol Praia.
Máis torneos
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).