Domingo. 03.11.2024
El tiempo

Debut con vitoria das infantís do Manuela Rial Mouzo de volei

Debut con vitoria das infantís do Manuela Rial Mouzo de volei

O debut das infantís do Manuela Rial en Liga Galega non puido ser meior xa que venceron por 3-0 (25-20, 25-15, 25-23) ante Noia nun partido disputado este mércores 12 de outubro en Dumbría.
As locais, pese os nervios do debut, souberon rendir mellor nos momentos importantes do encontro, só chegando a sufrir no terceiro set, que foi moi disputado.

Por outra banda as xuvenís e cadetes do Voleibol Dumbría perderon claramente ante o equipo Zalaeta da Coruña por idéntico marcador 0-3. No caso das xuvenís a vitoria das coruñesas foi clara (14-25 / 13-25 / 12-25) e as nosas non superon ofrecer ningunha resistencia. E no caso das cadetes, pese a superidade das herculinas, presentaron batalla (18-25 / 15-25 / 23-25).

Vindeiras citas

Esta semana debutan novos equipos do clube, e o fan con doble xornada:

  • Sábado 15: Cadete masculino - Voleibol Dumbría-Santa Mª del Mar ás 11:30h en Dumbría.
  • Sábado 15: Infantil masculino - Manuela Rial-Santa Mª del Mar ás 13:00h en Dumbría.
  • Sábado 15: Xuvenil femenino - Voleibol Dumbría-Emeve de Lugo ás 16:00h en Dumbría.
  • Sábado 15: Infantil femenino - Manuela Rial--Emeve de Lugo ás 16:00h en Dumbría.
  • Sábado 15: Infantil masculino - Manuela Rial--Emeve de Lugo ás 17:30h en Dumbría.
  • Sábado 15: Cadete femenino - Voleibol Dumbría-Emeve de Lugo ás 17:30h en Dumbría.
  • Sábado 15: Cadete masculino - Voleibol Dumbría-Emeve de Lugo ás 19:00h en Dumbría.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Volei Dumbría da man de Gurutz Larrañaga.

Comentarios