Sábado. 07.12.2019
El tiempo

Deporte e Saúde con Dáfit: Alimentación & Nutrición: Clasificacións

Deporte e Saúde con Dáfit: Alimentación & Nutrición: Clasificacións
Todos temos en xeral clara a idea de que convén seguir unha dieta variada e equilibrada. Pero diversos estudos demostran que a percepción de cada persoa sobre unha alimentación correcta é distinta. Estas discrepancias, levaron ás autoridades sanitarias de cada país a crear uns programas de educación alimentaria. A súa finalidade é conseguir mellorar a inxesta alimentaria da poboación a través de recomendacións comprensibles e fáciles de levar á práctica. Entre os distintos tipos de estratexias de intervención nacen as  guías alimentarias. Estas traducen a inxesta recomendada de nutrientes e os obxectivos nutricionais (expresados en termos numéricos) a unha linguaxe máis comprensible e asequible. A base sobre a que se formulan relaciona diferentes patróns de consumo alimentario, é dicir, de risco ou protectores de saúde, e a súa intención é alcanzar de xeito progresivo unha inxesta nutricional correcta. Nestas guías, as recomendacións exprésanse como alimentos e racións. Os alimentos agrúpanse segundo a súa similitude nutricional. A súa representación gráfica permite distinguir os alimentos segundo a frecuencia de consumo recomendada (a diario, veces á semana, ocasionais). Estas guías resultan prácticas e facilitan a elección de alimento, permitindo conseguir menús máis atractivos e fáciles de adaptar. Existen numerosas representacións en forma gráfica: a roda de alimentos, pirámides, táboas , etc., segundo as características de cada país. En España a SENC (Sociedade Española de Nutrición Comunitaria) en 1999 editou as primeiras guías alimentarias para a poboación española en forma de pirámide cromática. Esta pirámide de alimentos foi creada a partires dunha proposta baseada no concepto de dieta mediterránea como modelo alimentario equilibrado. Alimentacion con DaFIT Convén distinguir entre alimentación e nutrición. Alimentación é o acto de proporcionar alimento ó corpo, un proceso consciente e voluntario na maioría dos caso, salvo enfermidades.  A calidade da alimentación vai a depender  principalmente de factores económicos e culturais. Enténdese por nutrición o conxunto de procesos fisiolóxicos polos cales o organismo  recibe, transforma e emprega as substancias químicas contidas nos alimentos. É un proceso involuntario e inconsciente que depende de procesos corporais como a dixestión, a absorción e o transporte dos nutrintes dos alimentos ate os tecidos. O estado de saúde dependerá da calidade da nutrición das células que constitúen os seus tecidos. Dado que é bastante difícil actuar voluntariamente  nos procesos de nutrición, si queremos mellorar o noso estado nutricional só se pode facer mellorando os nosos hábitos alimenticios. As múltiples combinacións en que a natureza ofrece os diferentes nutrintes  danos unha ampla variedade de alimentos que podemos consumir. Podemos facer unha primeira distinción entre os compoñentes de calquera alimento en base  as cantidades nas que están presentes: os chamados macronutrintes, que son os que  ocupan a maior proporción dos alimentos, e os  micronutrintes. 
Macronutrintes Micronutrintes
  • Proteínas
  • Hidratos de Carbono (Glúcidos)
  • Graxas (Lípidos).
[Tamén se pode incluír: a fibra e a auga(aínda que non soen considerarse nutrintes están presentes en cantidades considerables na maioría dos alimentos)].
  • Vitaminas.
  • Minerais.
[Son imprescindibles, a pesar de que as cantidades que precisamos se miden en milésimas, ou millonésimas de gramo].
Outra clasificación dos nutrintes  é a que se relaciona ca función que cumpren no organismo e metabolismo.
                                      Alimentos Plásticos Enerxéticos Reguladores
Construír e rexenerar. Formación dos tecidos (proteínas, principalmente). Obtense enerxía ó oxidalos (queimalos) no interior das células co osíxeno que transporta o sangue. Facilitan e controlan as funcións bioquímicas. (Vitaminas e minerais)
Leite, queixo, iogur, carnes, ovos e peixes.   patacas, legumes, froitos secos,  pan, pasta, cereais, azucre e doces. Verduras e hortalizas. (É aconsellable consumilos crus).
Pola súa especial importancia, incluímos un apartado sobre as enzimas, que son as encargadas de facilitar e acelerar as reaccións químicas que teñen lugar nos tecidos vivos, pois  sen elas non sería posible a asimilación de nutrintes. Por último, o auga, actúa como disolvente de outras sustancias, participa nas reaccións químicas máis vitais e, ademais, é o medio de eliminación do refugallo. Outra clasificación é a adoptada por España nos anos 60, segundo grupos de alimentos.
Grupo 1:Leite e Derivados Grupo 2: Carne, Ovos e Peixe Grupo 3: Tubérculos, Legumes e Froitos Secos.
Grupo 4: Verduras e Hortalizas. Grupo 5: Froita Grupo 6: Pan, pasta, cereais, azucre e doces.
As características de cada un  destes elementos (nutrintes) expoñeranse en próximos artigos. Veremos cales son as cantidades recomendadas e que pasa si sufrimos carencias ou excesos de algúns deles. Para deseñar unha dieta e programala é imprescindible unha valoración e completa do estado nutricional para comprobar si son necesarias as modificacións na inxesta de enerxía e nutrintes, líquidos, frecuencias das comidas,etc. Dita programación require:
  • Ser san e palatable (hai que disfrutar coa comida).
  • Potenciar os aspectos saudables e corrixir os menos satisfactorios
  • Non eliminar radicalmente alimentos habituais nin introducir moitos alimentos novos. Non cambiar drasticamente os hábitos alimentarios pois isto podería facer fracasar a dieta e conseguir adquirir uns hábitos saudables, que formen parte dun, non de xeito momentáneo.
 

Sesións con Dafit

Máis información

Dafit seguenos

Fonte

  • Enlace patrocinado.

Comentarios