Derbis comarea muchacho
09:06 24/03/17
O Conco e O Pinguel dirimen boa parte da sorte e do destino da Liga da Costa e a Primeira, e o farán en forma de derbi contra veciños e eternos rivais que pouco ou nada están a xogarse
Imaxe do derbi Corme-Ponteceso na ida no Cairo-Foto-Fin Lema
Se de algo vive o fútbol da Costa, se algo o fai distinto, iso é a paixón. Así que se alguén ten un amigo de alén das fronteiras da bisbarra ao que desexa iniciar o instruir nesa sorte de relixión pagana e modesta, non hai mellor fin de semana que esta para o debut. A Primeira e a Liga da Costa xogan boa parte das súas cartas en dúas citas de rivalidade máxima, na que un dos equipos xoga a vida, e o eterno rival a diversión de tocarlle as pelotas… de fútbol. O líder e máximo candidato ao ascenso a Preferente, o Dumbría, recibe no Conco a unha SD Fisterra coa que protagonizará, pese a todo, o segundo enfrontamento oficial na súa historia. Foi precisamente un fisterrán, Aarón, o que decidira en Ara Solis na primeira volta. Os brancos veñen de salvar os mobles no feudo do Agolada, mentres que os de Nacho, tranquilos clasificatoriamente, saben que sen presión poden gañarlle a calquera. Na Liga da Costa, un Ponteceso que precisamente ven de dicir adeus ás súas opcións de título recibe no Pinguel ao Corme, que a pasada semana coñeceu a derrota por primeira vez e cedeulle o liderato ao Baio. Vestirase de gala o feudo da Vila de Pondal, e ben seguro que haberá chascarillos e retranca nunha grada que nestes casos sempre pode presumir de deportividade.
Pero non só de clásicos vive a fin de semana. A primeira das categorias con representación costeira, a Preferente, deixalle unha viaxe tediosa e un partido de novo ineludible ao Soneira, que terá no Ribadeo a un rival prácticamente salvado. Cousa das xeiras e dos momentos, insospeitadamente o Xallas acude como favorito a Ponte dos Brozos, para medir a un Atlético Arteixo camino a ningures e en plena reconversión. O Sofán recibe no Carral ao Arzúa, un dos candidatos ao ascenso a Terceira.
Amén do partidazo do Conco, na Primeira tamén xoga a vida o Sporting Zas, famélico de triunfos e que coa visita do Riveira ten unha boa oportunidade para atoparse a si mesmo. Algo máis de moral ten un Outes que pese á última derrota chega nun contexto positivo, e que terá no Tordoia a un visitante duro e veterano.
Cun ollo posto no Pinguel saldrá o Baio a estrear liderato no Platas Reinoso, onde recibe a un bipolar Coristanco, capaz de golear precisamente no feudo do Ponteceso, e tamén de caer con estrépito na casa ante o Malpica. Os outros dous en discordia, San Lorenzo e Mazaricos, non terán sinxelo ante o Corcubión e en Buño respectivamente, dous conxuntos que xogan a vida na outra liga. Directísimo é tamén o cruce Baíñas-Porteño, con ambos conxuntos en progresión.
Será Vimianzo onde recibirá o pasillo o novo campión de Terceira, o Muxía, que visita ao Castrelo. A loita polo Play Off terá no Ameixenda-Volantes un punto chave.
PreferenteNorte, xornada 30
1ªAutonómica, Gr.2, xornada 28
2ªAutonómica, Gr.2, xornada 29
3ªAutonómica, Gr.2, xornada 26
LigaGalegaXuvenil, xornada 27
LiguillapreviaáFasedeAscenso á Liga Galega Xuvenil, xornada 10
Liguillacopeira, Gr.1, xornada 7
Liguillacopeira, Gr.2, xornada 7
Liguillacopeira, Gr.3, xornada 7
LigaGalegaCadete, xornada 27
1ªCadete, xornada 25
LigaGalega Infantil, xornada 26
1ªInfantil, xornada 27
LigaAlevínNorte, xornada 5
LigaAlevínSur, xornada 21
LigaBenxamínNorte, xornada 5
LigaBenxamínSur, xornada 21
LigaPrebenxamín, xornada 4
LigasVeteranos, 1ª División, xornada 22
LigasVeteranos, 2ª División, xornada 22
Máisinformación
- www.copadacosta.com.
- As táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com. Piquen dende o seu teléfono e pulsen “Engadir a pantalla de inicio”, para ter sempre os resultados no peto.
- A actualidade no Facebook “Fútbol da Costa”.