Mércores. 06.11.2024
El tiempo

Dez… e baixando

Dez… e baixando
  • A Liga da Costa entra na súa recta final cun partidazo nas Pedreiras e varias frontes interesantes máis; na Primeira, o Municipal de Vimianzo acolle un derbi clásico.
Soneira e Corme saltando ao campo-Foto-Fin Lema Soneira e Corme volverán enfrontarse-Foto-Fin Lema Comeza a ignición da Liga da Costa, a conta atrás de dez semanas para un despegue a Primeira Autonómica. De novo lle tocará ao San Lorenzo dar un golpe na mesa, e sería o terceiro consecutivo. Despois de superar a Fisterra e Castriz (este a domicilio), recibe a un Baíñas que pode tomalo coma unha penúltima oportunidade de cousas grandes esta tempada. Os vimianceses, que nos últimos partidos dispuxeron de pouco fondo de armario, se miden a un rival que ten na seguridade defensiva e no momento de Fuentefría a súas dúas grandes armas. O resto dos candidato non é que teñan partidos excesivamente cómodos: o Ponteceso se mide a un Cerqueda especialista en darlle disgustos aos grandes; o Fisterra viaxa a Ponte do Porto, para xogar contra un Porteño que necesita sumar si ou si para escapar dos postos de arrastre. Mazaricos e Sporting Zas reciben a Cee e Camariñas, dous rivais con talento e nun momento positivo (salvando a debacle palilleira en Ponteceso). E para non baixar a atención céntrase en Xaviña, onde Buño e Carnota comparan os seus malos momentos. E se repite foco o San Lorenzo na Liga da Costa algo parecido sucede co Soneira en Primeira Autonómica. Os vimianceses, que veñen de vencer en Sofán, reciben a un Corme moito máis tranquilo clasificatoriamente, e que promete especectáculo. A saída do Baio a Val do Ulla, e a do Outes a Tordoia, teñen etiqueta de partido rudo e duro, ao igual que a do Sofán a Agolada. En chave de utopía semella a do Malpica a Sigüeiro. Retorna o líder Corcubión na Terceira Autonómica, e o fai no derbi cun Muxía con argumentos e traxectoria para compricarlle a vida. Descansa o Monte Louro, mentres que Camelle e Nantón viaxan a visitar aos modestos Lira e Castrelo. E no fútbol base volven a Liga Gallega e a División de Honra, despois dun pequeno descanso. A xornada deixa ademais a posta en marcha de todas as Ligas federadas, co comezo dos grupos do norte da Alevín e Benxamín.  

Preferente Norte, xornada 27

 

Primeira Autonómica, xornada 25

Segunda Autonómica, xornada 25

Terceira Autonómica, xornada 22

Xuvenil - Liga Galega, xornada 24

Victoria 27/02 - 12:00 Dumbría

Cadete - División de Honra, xornada 24

Dumbría 27/02 - 17:00 Val Miñor
 

Liguilla de Ascenso Xuvenil, xornada 7

Liguilla Copeira Xuvenil, xornada 6

 :

Primeira Cadete, xornada 23

Primeira Infantil, xornada 23

 

AlevínCosta Sur F8, xornada 21

AlevínCosta Norte F8, xornada 1

BenxamínCosta Sur F8, xornada 21

BenxamínCosta Norte F8, xornada 1

Prebenxamín Costa F8, xornada 2

 

Veteranos, 1ª División, xornada 22

Veteranos, 2ª División, xornada 22

 

Máisinformación

Fonte

Comentarios