Dez equipos participarán na I Copa da Costa de fútbol praia
Un total de dez conxuntos costeiros, seis masculinos e catro femininos, loitarán pola I Copa da Costa de fútbol praia que se celebrará o vindeiro sábado 23 de xullo de 2016 na praia de Canido (Malpica).
Serán un total 21 encontros dunha modalidade deportiva na que tanto Galicia como España son unha potencia mundial. A mostra máis clara deste potencial é o pontecesán Ramiro Amarelle, considerado o mellor xogador de fútbol praia da historia e quen ademáis é unha parte moi importante desta competición ao colaborar coa organización en todo o posible.
Este novedoso campionato dará comezo ás 10:30h coa disputa do primeiro encontro do día e finalizará ás 21:00h da noite coa entrega de trofeos.
Horarios da xornada
| 10.30h. | Corme CF – Sporting Seaia, grupo A da categoría masculina |
| 11.00h. | Buño SCD – SCD Malpica, grupo B da categoría masculina |
| 11.30h. | Fisober FSF – Buño SCD, grupo único da categoría feminina |
| 12.00h. | AD Atletes – Soneira SD, grupo único da categoría feminina |
| 12.30h. | Corme CF – SD Esteirana, grupo A da categoría masculina |
| 13.00h. | Buño SCD – Muxía CF, grupo B da categoría masculina |
| 13.30h | Fisober FSF – AD Atletes, grupo único da categoría feminina |
| 14.00h. | Buño SCD – Soneira SD, grupo único da categoría feminina |
| 14.30h. | Sporting Seaia – SD Esteirana, grupo A da categoría masculina |
| 15.00h. | SCD Malpica – Muxía CF, grupo B da categoría masculina |
| 15.30h. | Fisober FSF – Soneira SD, grupo único da categoría feminina |
| 16.00h. | Buño SCD – AD Atletes, grupo único da categoría feminina |
| 16.30h. | 5º e 6º posto da categoría masculina |
| 17.00h. | Primeira semifinal da categoría masculina (1º grupo A – 2º grupo B) |
| 17.30h. | Segunda semifinal da categoría masculina (1º grupo B – 2º grupo A) |
| 18.00h | Primeira semifinal da categoría feminina (1º grupo único – 4º grupo único) |
| 18.30h | Segunda semifinal da categoría feminina (2º grupo único – 3º grupo único) |
| 19.00h. | 3º e 4º posto da categoría masculina |
| 19.30h. | 3º e 4º posto da categoría feminina |
| 20.00h. | Final da categoría masculina |
| 20.30h. | Final da categoría feminina |
| 21.00h | Entrega de trofeos |
Esta nova iniciativa, posta en marcha pola Asociación Deportiva Vidú de Corme, tratará de fomentar, ano tras ano, unha modalidade deportiva practicamente inexistente na Costa da Morte.
Novas relacionadas
Fonte
- AD Vidú da man de David Castro.