Venres. 29.03.2024
El tiempo

Diego Díaz, de presidente a adestrador

Diego Díaz, de presidente a adestrador
Sen dúbida é un dos casos mais peculiares no actual baile de adestradores que estamos a padecer no fútbol costeiro. Diego Díaz, novo adestrador do Baio, fai non tanto tempo era el quen poñía e quitaba adestradores, pois ocupou a presidencia do Baio con notable éxito fai uns anos, nunha época de rexeneración do club na que conseguiu éxitos enormes, sobre todo a volta ó traballo de canteira que sempre caracterizou ó Baio, e a identificación do pobo co equipo. O conxunto do Platas Reinoso agora mesmo é un dos da Costa onde a comunión entre a afección e os xogadores, e o sentimento de pertenencia a unha entidade é mais forte, en parte gracias á labor de Diego tempo atrás. E agora chega con un novo reto, o de suplir a Pedro Gómez, tarefa nada fácil, pois o carballés deixa nas vitrinas do Baio nada mais e nada menos que unha Liga da Costa. De todo o mundo do fútbol é coñecida a traxectoria de Diego. Como xogador era un central dos que non querías cerca, de moito nivel e personalidade, a mesma que aplicou de presidente e a que aplicará agora de adestrador. Ídolo en Baio, tamén o é en Carballo, onde xogou no Bergantiños un montón de anos, ou en Malpica, onde coincidiu nas mellores etapas da historia do equipo da Pedra Queimada. Producto dunha xeración de futbolistas do Concello de Baio como Guillermo, Nacho, Josito ou el mesmo, curiosamente tres deles están agora en boca de todos pola súa faceta de adestradores. Isto nos contou o novo mister do Baio: QPC: Como viches ó equipo os primeiros días? O equipo en liñas xerais, ben. Faltan cousiñas por pulir pero nesas estamos. QPC: O mundo dos banquillos está que bota fume. Que che pasou pola cabeza para meterte nesa silla eléctrica que é o banco dun club de fútbol hoxe en día? Botaba de menos o fútbol e tiña ganas de probar de adestrador. Apareceu a oportunidade e aquí estou. QPC: Xa fuches xogador e presidente, recorriches todos os postos do fútbol e faltábache o de adestrador. Cal será peor dos tres? Nos dous primeiros encontreime moi a gusto, espero que no terceiro tamén sexa así. Creo que calquera cousa que teña relación co fútbol me vai facer sentir moi feliz. QPC: Falando xa de detalles do equipo, nas primeiras xornadas adolecestes de gol, coa falta de MC. A súa recuperación e a fichaxe de Iván Rojo solucionará este problema? Mc e un gran xogador, para min, un dos mellores qué dou o CD Baio na súa historia. Pero ninguén e imprescindible. Non creo que ningún equipo dependa dun so xogador. O que temos que facer os adestradores, e buscar alternativas e soluciones os problemas que vaian xurdindo o longo da tempada. Por outra banda, Iván Rojo vainos dar alternativas en ataque e vennos moi ben para subir a competitividade. QPC: Que tipo de Baio lle gustaría ver a Diego Díaz? Gustaríame marcar o ritmo do partido, que o rival baile ó son que nos tocamos. Creo que temos equipo para facelo e ímolo intentar. Sin olvidar a situación actual e a necesidade de puntos que temos agora mesmo. De todas formas, non son forofo de ningún tipo de xogo en concreto, creo que un equipo ten que manexar varias opcións dependendo do rival, de como vaia o partido, dos xogadores dos que dispoñas, etc... QPC: Logrará a permanencia o CD Baio? Non me cabe a menor dubida de que sí. Ata me parece mal que mo preguntes, Jajajaja.... QPC: Que coñeces desta difícil 1ª Galicia? Coñezo o que vin ata agora dende fora do campo. Equipos duros, físicamente ben preparados en xeral, e tácticamente mais ou menos traballados. Quero decir que non hai ningunha banda. Calquera che pode dar unha tunda. QPC: Tristemente estase expandindo a moda de cesar adestradores na Costa. Ti estiveches no lado dos que cesaban, e agora estas dos cesados. Estou totalmente en contra de cesar o adestrador. Xa pensaba o mesmo cando era presidente, non me saíu esa vena de defensor do míster agora que o son eu, que quede claro. A non ser que haxa unha falta de traballo ou de seriedade por parte do mesmo. Creo que os resultados deberían ser secundarios nestas categorías. Se o adestrador traballa ben, é serio na súa labor, aínda que non se gane deberían manterse ata o fin da tempada. Hai tantos factores incontrolables, que inflúen no resultado dos partidos!!!!! Por Onde empezo¡¡¡ Por certo, quero enviar saúdos e moito ánimo a Rafa, o último cesado, e tamén a Pedro, que os coñezo persoalmente e parécenme excelentes persoas.

Comentarios