Ollando cara abaixo

01:18 12/05/17
Rematarán esta fin de semana as ligas de Primeira e Segunda, e moitos equipos aínda non saberán a categoría que lles corresponde a vindeira tempada; todo empeza nun triunfo en Segunda B
O Sofán recibe ao Atlético Arteixo - Foto: SD Sofán
Toca mirar á zona baixa nesta recta final. Todos estamos co Boiro, que se xoga o descenso, pero que non ten incidencia nos arrastres a Preferente Norte, xa que xa hai 4 (Dubra, Castro, As Pontes e Ordes (da 3ª División xa descendidos que van provocar os 4 arrastres en Preferente (unha vez que o Negreira, o seguinte equipo que recalaría na zona Norte xa está fóra de perigo).
Deste xeito, a día de hoxe Bertamiráns e Soneira caerían da Preferente á nosa 1ª arrastrados. Son tres as xornadas, tres as posicións e 8 os puntos a remontar por un Soneira que recibe ao Estudiantil, candidato ao ascenso á Terceira e terceiro clasificado. O máis difícil se cabe nunha historia dun enfermo que loita por seguir respirando. Intrascendente é o case derbi Sofán-Arteixo, así como o Sarriana-Xallas, máis alá da incómoda viaxe.
Descendidos Sporting Zas e prácticamente Outes (depende da milagre do Soneira e varias carambolas máis), só o Fisterra ten algo aínda pendente. A SD debe puntuar na casa ante o Cordeiro, sempre e cando o Silleda-Val do Ulla acabe en igualada. De vencer un amarrarán os verdes un posto de salvación case segura. O Dumbría, pola súa banda, terá unha sorte de homenaxe de campión no Conco coa visita do Flavia.
Nesa carreira hacia diante tamén terán moito en xogo Buño, Coristanco e Castriz, que deben vencer e remontar tantos postos coma podan. Incluso o Camariñas, en caso de catástrofe por arriba, debería tentar sumar. Os oleiros reciben ao descendido Corcubión e son os mellor situados na táboa, mentres que os xalleiros terán que lidiar co Corme en San Pedro (se os percebeiros vencen e o San Lorenzo perde en Ponteceso serán subcampións). Pola súa banda, o Coristanco en Mazaricos parece telo moi difícil ante un rival pese a todo sen opcións. O Camariñas, no derbi co Porteño, debe poñerlle punto final ao curso máis irregular que se lembra.
E mentres, terceiras como o Muxía siguen agardando por unha Copa que non lle pon fin a un curso inesquecible.
Os cadros da Fase de Ascenso sempre actualizados en www.copadacosta.com
En www.copadacosta.com

Fases de Ascenso
Comezan os campións das Ligas Xuvenís, Cadetes e Infantís as Fases de Ascenso ás Ligas Galega. Teñen unha semifinal a disputar entre venres e domingo. As Pedreiras, Fisterra e Cee, se gañan estarán a un paso da Liga Galega; se perden, a tres pasos.Vai de Copas
Ademais, en base emais nos Veteranos, xa hai sesión copeira completa. Atentos estaremos ás finais de F8 que se celebran o sábado no San Paio de Refoxos.PreferenteNorte, xornada 36
1ªAutonómica, Gr.2, xornada 34
2ªAutonómica, Gr.2, xornada 34
FasedeAscenso ás Ligas Galegas Xuvenil, Cadete e Infantil

LigaGalega Xuvenil, xornada 32
LigaGalega Cadete, xornada 32
LigaGalega Infantil, xornada 32
CopadaCosta Cadete, ida das semis

CopadaCosta Infantil, ida dos Cuartos

CopadaCosta de F8

CopadaCosta de Veteranos

Máisinformación
- www.copadacosta.com.
- As táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com. Piquen dende o seu teléfono e pulsen “Engadir a pantalla de inicio”, para ter sempre os resultados no peto.
- A actualidade no Facebook “Fútbol da Costa”.