Doro e Antonio Mouro, xalleiros do ano
20:21 20/01/14
Dobre satisfación para os compoñentes da familia futbolística de Santa Comba. I é quie este ano, os premios como "Xalleiros do Ano 2013", que se entragarán este vindeiro venres, teñen doble protagonismo futboleiro. Doro, capitán a tempada pasada do XSC, e o pai do xogador cadete do propio Xallas de Santa Comba, e ex-xogador do Xallas CF, Antonio Mouro, a título póstumo, recibirán tan importante premio.
Doro, todo un exemplo
Doro demostrou o longo da tempada pasada os valores que debe amosar un xogador veterán para os máis noveis. Verdadeiro exemplo na faceta deportiva e persoal, autor do gol que adxudicou a o Xallas de Santa Comba CF o triunfo na final da Copa da Costa perante o Malpica, recibindo ademais o título de mellor xogador da Final. Un espello para a mocidade e para os que fagan deporte.Antonio Mouro, a adicación personificada
Pola súa parte, Antonio Mouro e agasallado a título póstumo pola su andadura deportiva no Xallas CF, onde foi capitán e auténtico baluarte, ademais de ser xogador, asimiesmo, da SD Castriz e o Atlético Mineiro, os dous de Santa Comba, coma o Xallas, e adestrador no seu momento dos equipos de fútbol base de Santa Comba. E o seu fillo, Marcos Mouro, sigue os pasos de seu pai, sendo o capitán do equipo infantil que a tempada pasada acadou o título de Liga e o ascenso a Liga Galega Infantil, e esta tempada, como compoñente do equipo cadete do XSC, e noso representante na selección coruñesa cadete que participa no campionato de seleccións comarcais.Novas relacionadas
Fonte
- Concello de Santa Comba.