Santa Comba presentou o seu novo Curso de Monitor de Fútbol Base


A partir de 2015, para poder adestrar fútbol de formación local en Galicia, haberá que ter botado o Curso de Monitor de Fútbol Base. Por iso, a Escola Galega de Adestradores está a desenvolver cursos pola zona, e trala exitosa experiencia en Dumbría, con 30 novos adestradores diplomados na Costa, o vindeiro curso desenvolverase en Santa Comba.
Onte tiña lugar a presentación Curso monitor de Fútbol Base en Santa Comba, coa presenza do Alcalde xalleiro, Antonio Landeira, do director da Escola Galega Manuel Mosquera e de dous dosa docentes de este curso, o Coodinador do mesmo Miguel Figueira e Manolo Corredoira.
Con este curso na capital xalleira a Escola de Adestradores pretende chegar ó maior número posible de formadores do fútbol base das comarcas de Xallas, Barcala, Bergantiños, Soneira e a Costa da Morte, según se expuso nesta presentación.
As clases teóricas e prácticas terán lugar en Santa Comba a partir do 17 de febreiro, en horario de tarde - noite, 2 días á semana, luns e mércores de 20:00 a 23:00h. Desde agora quedou aberto o prazo de inscrición ata o citado 17 de febreiro.
O título de Monitor de fútbol base que se expide ó finalizar o curso será obrigatorio a partir de 2015 para poder adestrar fútbol de formación local en Galicia.
Novas relacionadas
- Santa Comba será a sede dun novo curso de Adestradores.
- A Escola de Tecnificación do Atlético en Dumbría xa está lista para rodar.
Artigos relacionadas
- A Pipa de Corredoira: 30 novos adestradores diplomados na Costa.
- A Pipa de Corredoira: Cursos de adestrador para o Fútbol da Costa.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).