Martes. 17.09.2024
El tiempo

Dous carnotáns no máis alto do podio galego de Taekwondo

Dous carnotáns no máis alto do podio galego de Taekwondo
O carnotán Anxo Fernández, Campión Galego de Taekwondo

Boas novas para os deportes de contacto na Costa da Morte. I é que estes carnotáns vén avisando dende 2012, mesmo gañando a medalla de bronce nuns campionatos de España. Anxo Fernández e Adrián Saborido, os dous deportistas do Club Arte e Movemento, foron os protagonistas da fina do Campionato Junior Galego na modalidade de Combate, celebrado en Porto do Son. Aí é nada, unha proba con acento carnotán.

Os dous deportistas, ambos con 16 anos e naturais de Carnota, gañaron os seus respectivos combates e lograron chegar a final. Tratábase dunha final “Arte contra Arte” que acabou con Anxo Fernández como novo Campión Galego Junior 2014 e Adrián Saborido como subcampión.

O seu entrenador Juan Carlos Díaz está moi satisfeito xa que este título clasifica a Anxo para participar no Campionato de España en xuño. Un Anxo, que como diciamos, xa foi campion galego cadete en 2012, e acudiu o campionato de españa acadando nada menos que o bronce.

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios