Xoves. 19.09.2019
El tiempo

Dous deportistas e dous bronces para o taekwondo costeiro nos Campionatos galegos junior

Dous deportistas e dous bronces para o taekwondo costeiro nos Campionatos galegos junior
O taekwondo de Cee volveo con dous bronces de As Pontes

O pasado 10 de novembro, o club Taekwondo Arte e Movemento acudiu con dous deportistas a As Pontes, a disputar o Campionato Galego Junior 2012. Participaban Juan Alvarellos (Cee) e Cristian Dominguez (Cee), os dous de 16 anos de idade, e ambos voltaban cun máis que meritorio bronce cada un.

A próxima cita co taekwondo será este próximo sábado, no que os clasificados do provincial da Copa Deputación, se desprazaran a Moaña, para A Copa Xunta de Galicia, onde se enfrontan os clasificados de cada provincia. Arte e Movemento clasificou a 24 deportistas.

Outra de baile

Ademais, na modalidade de baile deportivo, o pasado domingo, o club Baile deportivo Arte e Movemento participou no Trofeo Cidade de Tui, onde presentaban 3 parellas, acadando dúas pratas e un quinto posto.
A próxima cita co baile deportivo sera o vindeiro domingo 2 de decembro en Pontevedra, onde Arte e Movemento acudirá con 11 parellas, e para 6 de elas sera a súa estrea.

Novas relacionadas

Fonte
  • Arte e Movemento.

Comentarios