1ª Autonómica: Dream team? Non, London Team



Sofán 0-0 Sigüeiro
Campo: O Carral
Sofán: David, Sito (Alex Varela m.49), Adrian, Felix, Ruben, Seo, Martín, Ivan Rey (Alex Pri m.89), Luis (Xuco m.85), Javi Doldán (Insua m.82) e Raul
Sigüeiro: Dani Perez, Juncal, Borja (Maroño m.68), Isma, Nando, Gago, Jess (Lucas m.78), Alvaro (Jorge Paz m.59), Arnejo, Soule e Juanito (Esteban m.85)
Árbitro: Morán García (A Coruña). Amonestou a Alex Varela, Luis e Martín por parte local, e a Maroño por parte visitante
Un acosador sen premio


Non foi quen de abrir a lata do Sigüeiro un Sofán cada vez máis maduro e que xerou infinidad de oportunidades de perigo. Os da zona de Santiago, con moita veteranía en homes coma Juanito, amosaron orde e unha rápida adaptación a O Carral. Raúl foi o home máis destacado do encontro, con dous remates con marchamo de gol no primeiro acto, así como creación de espazos para os seus compañeiros. Manteríase ese guión de acoso e derribo sen premio nun segundo acto semellante.
Corme 4-1 Malpica
Campo: O Cairo

Corme: Suso, Brais Torrado, Dani, Miguel Torrado, Adolfo (Joshua m.76), Eloy, Brais, Lucas, Adrián Doldán (Alejandro m.82), Diego (Sueiro m.71) e Toniño (Josiño m.79)

Malpica: Víctor, Dímaga (Adrián Rey m.79), Carlos, Kike, Moscoso, Roi, Rubén (Sergio m.40), Eme (Vitalie m.76), Petís, Maradona e Charro
Árbitro: Pérez Rellán (A Coruña).
Goles: 0-1 m.27 Charro; 1-1 m.30 Adrián Doldán; 2-1 m.52 Diego; 3-1 m.72 Lucas, de penalti; 4-1 m.82 Josiño
Este é o Corme campión de Liga

Xusto cando máis o necesitaba o Corme atopouse de novo a si mesmo. E foi en día de derbi e ante un veciño Malpica ao que deixa moi tocado anímica, clasificatoria e futbollísticamente. Que os de Chema se adiantasen no marcador foi unha eventualidad, un suceso aleatorio que non tiña pinta de perdurar. O libre directo convertido por Charro tivo a súa réplica nun erro visitante provocado por Adrián Doldán e, xa no segundo acto, a finalización de Diego dunha xogada de equipo, un penalti convertido poir Lucas e un gol de Josiño tras un gran centro. Entre medias, Víctor e a súa defensa salvaran varias opcións.
Outes 1-1 Baio
Campo: O Cunchido
Outes: Rama, Borja, Jura, Maroñas, Samu, David, Babu (Pablo m.75), Martín, Piki (Eli m.46), Mario e Iago Dosil
Baio: Pablo, Fachal (Peke m.70), Porto, Yago, Luis Alvite, Mario, Norber, Moreno (Rubio m.82), Martin, Saleta e Martin MC
Árbitro: Cougaño Rincón (Santiago). Amonestou a Elías, Jura e Dani do Outes; Fachal, MC, Yago e Martín do Baio
Goles: 0-1 m.32 Porto; 1-1 m.68 David, de penalti
Os derbis, esa especialidade
Amosaran xa en compromisos anteriores tanto Outes coma Baio que o seu son os derbis. Compiten, medran notablemente e tamén fan desfrutar a dúas afeccións numerosas. Non podía ser menos o choque directo entre ambos, todo igualdade, alternativas e sobre todo en medio dun gran ambiente a pesares das inclemencias. Dominador nos primeiros compases, o Outes reclamaba coma legal un tanto anulado a Iago Dosil. Pero era o Baio o que si marcaba legalmente, polo menos para o árbitro, ao combinar Pablo e Porto nun balón lateral e resolver con calidade. Un derribo sobre Elías, xa no segundo tempo, foi a única forma de premio que atopou o Outes contra un Baio xa por entón demasiado achicado.
Soneira 3-2 Flavia

Campo: Municipal
Soneira: Anxo, Darío (Maikel m.82), Brais Mouzo, Alberto, Aarón, Mario, De la Sierra (Cristian m.79), Richi (Óscar de Maema m.86), Basti (Martín m.86), Javi e Vía
Flavia: Diego Perol (Cristian m.46), Jacinto (Kevin m.73), Jacobo Vilas, Jose Enrique, Salva, Esparís, Franqueiro, David Rey (Iván Busto m.73), Brais Rodríguez, Álex Pérez e Villaverde
Árbitro: Vázquez Veiras (A Coruña).
Goles: 1-0 m.18 Richi; 1-1 m.23 Villaverde; 2-1 m.28 Alberto; 3-1 m.39 Basti; 3-2 m.46 Álex Pérez
A Costa te saúda, Soneira
Imperial o xeito de converterse en campión de inverno para un Soneira que lle asestou un golpe de fútbol ao Flavia, outro dos gallitos da categoría. E o fixo cun notable protagonismo dos futbolistas de Vimianzo. Foi moi superior, a pesares do intercambio de golpes. Unha xogada dos 'Álvarez brothers', con xogadón de Vía e remate de Richi, deu no 1-0, neutralizado pouco despois por Villaverde, nun córner. Un menos habitual, Alberto, foi o máis listo na execución rápida dun saque de curruncho e aproveitou un rexeite para facer o segundo. Aínda nese primer acto, e coa afección entregada, Basti, a tras xogadón de Richi, fixo o terceiro. Comezaría a segunda metade co Flavia metendo presión, pero só a falta de acerto privou ao Soneira dunha goleada.
Novas relacionadas
- Corme, San Lorenzo e Volantes cun pé fóra da Copa por aliñación indebida.
- Corme, San Lorenzo e Volantes cun pé fóra da Copa por aliñación indebida.
Máis información
- O cadro da Copa da Costa 2016.
- As táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com. Piquen dende o seu teléfono e pulsen “Engadir a pantalla de inicio”, para ter sempre os resultados no peto.
- A actualidade no Facebook “Fútbol da Costa”.
- Mercado de Fichaxes: As Altas e Baixas dos equipos do Fútbol da Costa.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).