Xoves. 12.09.2024
El tiempo

Dúas fichaxes da casa para reforzar as apostas do Basket e do Bm. Xiria

Dúas fichaxes da casa para reforzar as apostas do Basket e do Bm. Xiria
Refórzanse os equipos do Xiria de baloncesto e balonmán.

Martín Gómez "Zúpez" incorpórase ao Calvo Xiria

Zupez volve á meta do Xiria Zupez volve á meta do Xiria Líder indiscutible está o Calvo Xiria na 1ª Estatal. O que non lle impide reforzarse, e se é con xente da casa, moito mellor. O gardameta Martín Gómez Taibo "Zúpez" (Carballo 1995) retorna, tras varios meses de ausencia, á disciplina do Calvo Xiria. Logo de varios meses sen poder adestrar por motivos laborais, con tan só 21 anos e un gran e prometedor fúturo por diante, Zúpez únese ao Calvo Xiria nunha tempada, ata o día de hoxe, histórica. Así axudará ao club no que se formou a seguir na loita polo camiño do ascenso á División de Honra Prata. O meta carballés contribuiu a pasada campaña de xeito destacado á consecución do título ligueiro, tendo actuacións memorables. Destacar tamén na súa traxectoria o seu paso polas categorías de base, onde sempre foi un referente na portería en todas as categorías, participando en campionatos de España tanto co club como coa selección galega. Deste xeito conformará, xunto con Iago Gómez e o xuvenil Antonio Mato, unha fantástica terna na portería, unha das mellores porterías da categoría. Quizais poida xa estar a disposición do corpo técnico para esta fin de semana.

Un ACB para o Basket Xiria

Chano Calvo na presentacion de Peli Esmorís para o Basket Xiria Chano Calvo na presentacion de Peli Esmorís para o Basket Xiria A familia do baloncesto na comarca, está de noraboa, xa que a partires desta semana, o ex xogador ACB, José Ramón “Peli” Esmorís, aos seus 41 anos, incorporase á disciplina do Calvo Basket Xiria BASKET XIRIA, baixo a dirección de Arturo Ferraces. Dende a directiva destacan que non é só a importancia de José Ramón coma xogador dunha longa traxectoria, se non tamén é sumar un xogador carballés (de nacemento) máis o equipo, aínda que hai que dicir que dende os nove años mudouse ó municipio veciño de A Laracha ”Peli" é un ála-pivot versátil e rápido, con grandes movementos no poste baixo e cun tiro máis que aceptable tiro de media distancia. Debutou en ACB no 92 no Pescanova e no OAR Ferrol, pasou polo Valvi Girona, polo Ouresen Xacobeo, Gijón, Cai Zaragoza, Manresa… En 2009 ficha polo Leyma Basket Coruña da LEB Plata, dous anos máis tarde polo Recinor Ferrol da EBA, e o ano pasado estivo de baixa por lesión. peli-esmoris-da-acb-ao-basket-xiria Peli Esmorís ca camiseta do Basket Xiria

Crónicas dos Xirias

Comentarios